A CHMS somete a información pública o proxecto da nova EDAR de Pontebarxas-Padrenda (Ourense)

O prazo para presentar alegacións finalizará o 6 de setembro

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), somete a información pública o proxecto construtivo da nova EDAR de Pontebarxas, do municipio de Padrenda (Ourense).

As obras da nova EDAR consistirán na creación dun novo proceso para a liña depuración das augas residuais consistente nun pretratamento, un tratamento primario e un biolóxico secundario.

Como actuacións complementarias á EDAR deséñase un novo colector que recollerá as augas da parte baixa de Pontebarxas, ademais da urbanización dos accesos actuais, a creación dun novo acceso e a dotación dos servizos de subministración necesarios.

A necesidade da nova construción formulada polas tres administracións implicadas, MAGRAMA, Deputación de Ourense (cofinanciadoras do proxecto) e Concello de Padrenda (que poñerá a disposición os terreos), fundaméntase en que a actual depuradora fora construída nos anos 60 para atender as necesidades do poboado da presa de Frieira e esta preparada para unha poboación aproximada de 50 persoas, ademais das cales as súas características técnicas quedaron obsoletas.

As novas instalacións proxectadas permitirán dar servizo a máis de 600 habitantes e mellorasen a calidade ecolóxica do río Troncoso, para iso no proxecto establécense medidas que permiten protexer a diversidade biolóxica dos ecosistemas fluviais, compatibilizándoa co aumento de poboación que se está a rexistrar no rural.

O proxecto poderá ser consultado nas oficinas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense (C/ Curros Enríquez, 4-2º), e na web do organismo (www.chminosil.es).

A presentación de alegacións poderá realizarse no prazo de 20 días hábiles contados a partir de mañá mércores 14 de agosto e ata o venres 6 de setembro.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.