A CHMS somete a información pública o proxecto de acondicionamento da canle e marxes do río Badella en Bande (Ourense)

Poderanse presentar alegacións no prazo de 20 días a partir de mañá

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), somete a información pública o proxecto de acondicionamento da canle e marxes do río Badella, ao seu paso polo Concello de Bande (Ourense).

O obxecto do proxecto é a recuperación ecolóxica e social do río Badella mediante actuacións de protección de marxes asociadas á recuperación da canle que actualmente se encontra moi degradada.

Os traballos proxectados consisten na limpeza das marxes do río, mediante roza selectiva, eliminación de vexetación invasora e demolición ou desmontaxe de elementos que obstaculiza a canle, e que provocou un alto grao de ocupación do ámbito fluvial por parte da trama urbana.

Construirase unha senda peonil de ribeira, compatible coa conservación da cuberta vexetal e arbórea, que se trazou tratando de conseguir a súa adaptación e integración no ámbito, cunha lonxitude de 1.132 m e que poderá ser compartida por peóns e ciclistas

O proxecto pretende, ademais, a "naturalización" da canle do río, eliminando os elementos antrópicos que alteraron o seu perfil natural. Formúlase a demolición dos muros de formigón armado da condución, e a súa substitución por un muro de sostemento combinado formado por unha estrutura de madeiros de madeira coa inserción. Demolerase a parte da soleira de formigón da parcela das piscinas para a súa substitución por céspede.

Para completar as actuacións, repoñerase a canalización de abastecemento que cruza a estrada OU-411, e renovarase o pontón remontable, augas abaixo da ponte, situado na mesma estrada.

O proxecto poderá ser consultado nas oficinas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense (C/ Curros Enríquez, 4-2º), e na web do organismo (www.chminosil.es).

LA presentación de alegacións poderá realizarse no prazo de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación no BOE.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.