Publicada no BOE a licitación do proxecto de acondicionamento da canle e marxes no río Cabe en Monforte de Lemos (Lugo)

Licitación Cabe

O Convenio que posibilita esta actuación foi rubricado onte entre a CHMS, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Monforte de Lemos

O importe das actuacións licitadas supera os 4,2 millóns de euros.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), licitou por importe de 4.252.422,97 euros o Proxecto de acondicionamento de canle e marxes do río Cabe ao seu paso por Monforte de Lemos (Lugo) tramo: A Compañía-Núcleo de Piñeira, tal como publica hoxe o Boletín Oficial do Estado.

As actuacións proxectadas foron descritas polo organismo de conca durante o acto da firma do Convenio de colaboración, celebrado onte na Subdelegación do Goberno en Lugo, e consisten fundamentalmente na construción de muros lonxitudinais na marxe esquerda do río Cabe e na estabilización de noiros debilitados por ultímalas crecidas co ánimo de previr inundacións e avidas.

Por outra parte, e para para conseguir unha mellora da permeabilidade e da mobilidade entre ambas as dúas marxes, instalásense pasarelas de comunicación ao longo do tramo urbano do río Cabe, dende a zona da Compañía ata o núcleo de Piñeira.

O proxecto poderá ser consultado nas oficinas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense, C/ Curros Enríquez, 4-2º, e na web do organismo www.chminosil.es.

A presentación de ofertas poderá realizarse a través do Rexistro Xeral da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil situado na C/ Curros Enríquez, 4-2º de Ourense, CP 32003, ata as 14,00 horas do día 29 de agosto de 2013.

Descargar PDF

Descargar Panel Informativo(PDF-12MB)

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.