
Os traballos iniciáronse coa identificación, en 2011, das Áreas con Risco de inundación
Antes de decembro de 2015 estarán elaborados os Plans de Xestión de Risco que reduzan as consecuencias adversas para a poboación
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), traballa na avaliación e xestión de risco de inundación para cumprir coa Directiva Europea do ano 2007. Esta Directiva foi trasposta ao ordenamento xurídico español mediante os Reais Decretos 9/2008 polo que se modifica o Regulamento de Dominio Público Hidráulico e o R.D 903/2010 de Avaliación e Xestión dos Riscos de Inundación.
Neste sentido, o MAGRAMA formulouse a necesidade de detectar aquelas zonas especialmente expostas a inundacións e avenidas sobre as que realizar estudos de perigosidade e risco, así como os plans de xestión correspondentes.
As normativa europea especifica tres fitos a cumprir polos Estados membros:
1º.- Antes de decembro de 2011 identificáronse as Áreas con Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIs), é dicir, tramos de ríos con risco de inundación. Que no caso da Demarcación hidrográfica do Miño-Sil comprenden 490 km de ríos (85 km en Pontevedra, 123 km en Ourense, 201 km en Lugo e 81 Km en León). O documento coa proposta destes tramos foi sometido a consulta pública o 1/06/2011 por unha duración de 3 meses non habendo ningunha alegación ao respecto.
2º.- Antes de decembro de 2013 deben estar elaborados, a partir dos tramos de ríos identificados con risco, os mapas de perigosidade e risco de inundación que teñen por obxecto achegar información sobre as zonas inundables segundo diferentes escenarios de frecuencia de inundación (10, 100 e 500 anos de período de retorno) así como a posible afección ás persoas, ás actividades económicas, ao patrimonio cultural e ao medio. No que afecta á CHMS está prevista a súa publicación e consulta pública a finais do mes de setembro deste ano 2013 para cumprir os prazos establecidos pola Directiva de Inundacións.
3º. -Antes de decembro de 2015 deben estar listos os plans de Xestión do Risco de Inundación xa que existe a obrigatoriedade de elaborarse para as ARPSIs determinadas en cada Cuenca. Estes plans centrarán a atención na redución das consecuencias adversas potenciais da inundación para a saúde humana, o medio, o patrimonio cultural, a actividade económica e infraestruturas e incluirán o programa de medidas para alcanzar os obxectivos.
TRABALLOS DESENVOLVIDOS NO MUNICIPIO DE LUGO
As ARPSIs identificadas no termo municipal de Lugo comprenden o río Miño no municipio de norte a sur ao seu paso polas localidades de Ombreiro, a cidade de Lugo, Conturiz e ponte de Castro. Así como os seus afluentes principais nas mesmas zonas urbanas, é dicir o río Narla, Fervedoira e Chanca (tamén chamado Anaco) e Conturiz. Tamén se declararon ARPSIs pequenos tramos de escasa lonxitude ao seu paso por núcleos rurais:
CÓDIGO |
NOMBE DA AGRUPACIÓN / DESCRIPCIÓN DO TRAMO |
L (km) |
ES010-LU-04-02 |
LUGO (Sistema: Miño Alto, Provincia: Lugo) |
35,8 |
ES010-LU-04-02-26478-10 |
Rego de Vilardón, zona de Muiño do Vilar en confluencia con río Miño, no municipio de Lugo. |
0,2 |
ES010-LU-04-02-26484-10 |
Rego de Segade, desde Cal de Peón ata a súa confluencia co el río Miño, no municipio de Lugo. |
0,2 |
ES010-LU-04-02-26487-10 |
Rego das Campiñas, desde Santalla de Cuíña ata a súa confluencia co río Miño, no municipio de Lugo. |
0,5 |
ES010-LU-04-02-26493-10 |
Rego de Muxa, a su paso por Quintián, no municipio de Lugo. |
0,4 |
ES010-LU-04-02-26493-20 |
Rego de Muxa, a su paso por Mouriz, no municipio de Lugo. |
0,2 |
ES010-LU-04-02-26494-10 |
Río da Chanca, desde Romai ata a súa confluencia co río Miño, no municipio de Lugo. |
6,8 |
ES010-LU-04-02-26502-10 |
Rego de Conturiz, desde Ponte de Castro ata Chao, no municipio de Lugo. |
0,4 |
ES010-LU-04-02-26503-10 |
Rego de San Mamede, desde San Mamede ata Ponte de Castro, no municipio de Lugo. |
0,6 |
ES010-LU-04-02-26504-10 |
Rego dos Foxos, desde Viador ata Ponte de Castro, no municipio de Lugo. |
0,6 |
ES010-LU-04-02-26563-10 |
Rego do Muiño, desde O Castro ata Medeiro, no municipio de Lugo. |
0,2 |
ES010-LU-04-02-26564-10 |
Rego do Coto, en Carretera, no municipio de Lugo. |
0,2 |
ES010-LU-04-02-26565-10 |
Rego Augalevada, desde Bascuas ata Carretera, no municipio de Lugo. |
0,7 |
ES010-LU-04-02-26574-10 |
Río Fervedoira, desde Muxa de abaixo ata a súa confluencia co río da Chanca, no municipio de Lugo. |
4,1 |
ES010-LU-04-02-26584-10 |
Rego de Carballido, desde Pena da Viña ata San Martiño de Carballido, no municipio de Lugo. |
0,9 |
ES010-LU-04-02-27926-10 |
Río Miño, desde Estación elevadora Pena de Galo ata Vilalvite, no municipio de Lugo. |
12,1 |
ES010-LU-04-02-27926-20 |
Río Miño, desde Mourelle ata augas abaixo de Ombreiro, no municipio de Lugo. |
1,3 |
Neste momento están publicadas, no visor do MAGRAMA, as zonas inundables de 29,1 km de ríos seleccionados como ARPSIs, e os restantes 6,7 km (para completar os 35,8 km) publicaranse no mesmo visor durante este verán.
"Tal e como indicamos, está previsto que a consulta pública dos documentos que conforman os mapas de perigosidade e risco de toda a CHMS se realice a finais do mes de setembro deste ano", resaltou Francisco Marín, presidente do organismo.
"A Directiva Europea de Inundacións soamente obriga a presentar resultados de inundabilidad para os tramos declarados como ARPSIs. Estes resultados dos estudos de inundabilidad de detalle serán publicados e expostos a consulta pública no terceiro trimestre do ano para a Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, cumprindo cos prazos establecidos na normativa,",
Para concluír, Marín aclarou que a documentación requirida ao Concello de Lugo, para informar a parte do PXOM non aprobada, non está contida en ningunha das áreas descritas con anterioridade.