
O proxecto estará exposto durante 20 días hábiles, a contar dende a publicación no Boletín Oficial da Provincia
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), publica hoxe, no Boletín Oficial do Estado, o inicio do procedemento de información pública polo que se somete o proxecto de mellora do saneamento de Pereiro de Aguiar (Ourense).
O proxecto estará exposto nas oficinas da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense, C/ Curros Enríquez, 4-2º, e na web do organismo www.chminosil.es, para que poida ser examinado por quen o desexen e, así mesmo, poidan emitir as alegacións dende mañá mércores 19 de xuño e no prazo de 20 días hábiles a contar dende a publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, que se publicará en breve.
Na documentación exposta, descríbense os traballos de construción da rede de colectores e estruturas auxiliares que permitan a conexión das augas provenientes da urbanización de Monterrei, núcleos de Pedraio e O Penedo, Colexio Miraflores, Complexo Polideportivo de Monterrei e Residencia Xeriátrica, coa EDAR de Pereiro de Aguiar. Por outra parte e para completar o saneamento, melloraranse as instalacións da EDAR de Pereiro de Aguiar ao obxecto de que esta sexa operativa cumprindo cos requisitos dos parámetros de vertedura establecidos na autorización outorgada por esta Confederación Hidrográfica do Miño- Sil.