A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil licita o proxecto de restauración ambiental e mellora da drenaxe no río Canedo en Ponteareas (Pontevedra)

O presuposto de licitación é de case de 3,5 millóns de euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), licitou por 3.447.852 euros o Proxecto de restauración ambiental e mellora da drenaxe no río Canedo, en Ponteareas (Pontevedra), tal como publica hoxe o Boletín Oficial do Estado.

As obras, que teñen como principal obxectivo o acondicionamento e a mellora da drenaxe do río, consistirán na dotación dunha sección de paso con capacidade abondo como para permitir o desaugadoiro dos caudais de avenida no río Canedo, dende o antigo matadoiro ata a desembocadura no río Tea, independendizando o curso do Canedo da rede de augas fecais.

Os traballos completaranse co acondicionamento ambiental da canle que presenta un alto grao de degradación. A zona de actuación abarca pouco máis de 1 km. ao longo do tramo final do río Canedo.

A presentación de ofertas poderá realizarse a través do Rexistro Xeral da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil situado na C/ Curros Enríquez, 4-2º de Ourense, CP 32003, ata o 8 de xullo de 2013, ás 14,00 horas.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.