A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil convoca os membros da Xunta de Goberno e do Consello da Auga da Demarcación

Comunícase a aprobación, polo Consello de Ministros, do Plan Hidrolóxico da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil

Destácase o cambio substancial na xestión do organismo, asegurando a súa viabilidade financeira e programando actuacións con Fondos Europeos axustados á situación real da conca

O presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, convocou hoxe os membros da Xunta de Goberno e do Consello da Auga deste organismo autónomo, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), na primeira reunión deste ano de ambos os dous órganos colexiados.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil comunicou á Xunta de Goberno e ao Consello da Auga da Demarcación (CAD) a aprobación, o pasado 19 de abril polo Consello de Ministros, do Real Decreto 285/2013 polo que se aproba o "Plan hidrolóxico da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil", dando así cumprimento á Directiva Marco da Auga, trasposta á Lexislación española mediante o texto refundido da Lei de Augas e o Regulamento da Planificación Hidrolóxica; implicando, todo iso, un esforzo moi importante do Goberno actual en desbloquear o proceso planificador.

Por outra parte, a Xunta de Goberno aprobou, por maioría, elevar ao CAD a proposta de inicio do novo proceso de planificación hidrolóxica para 2015-2021, mediante o inicio da consulta pública dos documentos iniciais do novo ciclo planificador, conformados polo programa de traballo, calendario, estudo xeral sobre a demarcación hidrográfica, fórmulas de consulta e o proxecto de participación pública. O CAD deu luz verde a esta proposta.

XUNTA DE GOBERNO

O presidente do Organismo presentou as contas correspondentes ao exercicio 2012, para que a Xunta de Goberno teña coñecemento destas en exercicio da competencia atribuída na Lei de Augas.

Ao longo do exercicio recoñecéronse obrigas por importe de 23,5 millóns de euros e dereitos recoñecidos netos a favor de CHMS que ascenderon a 22,6 millóns de euros, co que practicamente se logrou o equilibrio financeiro entre ingresos e gastos.

Dos datos expostos durante a reunión concluíuse que o Organismo goza dunha aceptable situación financeira, nun exercicio de transición no que se reduciu notablemente o endebedamento.

Tamén se destacou o procedemento de reprogramación dos investimentos que estaban xa propostas nos programas operativos de Galicia e Castela e León, cofinanciados con fondos comunitarios, para poder realizar investimentos máis realistas durante o presente exercicio 2013 e os dous seguintes. Todo iso como resultado dun esforzo común e de colaboración coas administracións Autonómica e Local.

Polo que respecta á xestión e control do dominio público hidráulico, informouse de que se tramitaron 4334 expedientes de aproveitamentos hidráulicos, autorizacións, expedientes sancionadores, vertidos, informes urbanísticos, informes de avaliación do impacto ambiental, entre outros, o que supuxo un importante esforzo na xestión destes, xa que se reduciron notablemente os tempos de espera nas resolucións.

CAD

Nesta reunión do Pleno do Consello aprobouse, por maioría, a proposta de Regulamento de réxime interior que regulará o seu funcionamento e entrará en vigor o mesmo día da súa aprobación, para dar cumprimento ao Real Decreto 1365/2011, de 7 de outubro, polo que se establece a composición, estrutura e funcionamento do Consello da Auga da demarcación da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil.

Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.