O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio ampliará a estación depuradora do Barco de Valdeorras (Ourense) cun investimento de 1,2 millóns de euros

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, investirá 1,2 millóns de euros nas obras de ampliación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) do Barco de Valdeorras (Ourense).

O presidente da Confederación do Miño-Sil, Francisco Marín, e o alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, formalizaron hoxe o convenio de colaboración para o financiamento, execución, entrega e formalización da Encomenda de Xestión para o mantemento e conservación da ampliación da EDAR.
 
Presentación EDAR O BARCOO acto, celebrado na sede da Subdelegación do Goberno en Ourense, contou coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, do conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas da Xunta, Agustín Hernández, do subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, e do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entre outras autoridades.
 
O custo global da actuación é de 1,5 millóns de euros, dos que o Ministerio, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con fondosFeder, achegará 1,2 millóns, mentres que o Concello O Barco de Valdeorras custeará os 300.000 euros restantes.
 
O obxecto do proxecto é executar as obras necesarias para mellorar as condicións da estación depuradora existente, que dá servizo a preto de 14.000 habitantes.
 
Garantirase así o cumprimento dos parámetros de vertedura establecidos na resolución da autorización de vertedura que expediu, no seu día, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
 
PROXECTO
 
Actualmente estase a redactar o proxecto construtivo que, unha vez supervisado, se someterá a información pública. As obras mellorarán e ampliarán a capacidade de pretratamento da actual EDAR e modernizarán o equipamento do tratamento secundario, encargado de eliminar o nitróxeno e o fósforo da auga. Ademais tamén a reparación estrutural do reactor biolóxico, danado por un asentamento dunha das zapatas.
 

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.