O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio convoca axudas para o desenvolvemento de actividades ambientais

Dirixidas a organizacións sen ánimo de lucro que realicen actividades no ámbito da biodiversidade terrestre, biodiversidade mariña e litoral, o cambio climático e a calidade ambiental

A dotación total é de máis de 4 millóns de euros e o prazo de presentación de candidaturas é ata o 15 de xullo de 2013

 
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), a través da Fundación Biodiversidade, convocou a concesión de axudas destinadas á realización de actividades relacionadas co medio para o ano 2013.
 
A convocatoria está dirigidaa organizacións sen ánimo de lucro para a realización de actividades no ámbito da biodiversidade terrestre, biodiversidade mariña e litoral, o cambio climático e a calidade ambiental.
 
Os proxectos que se presenten na liña biodiversidade terrestre deberán promover o mantemento dos procesos ecolóxicos esenciais e deberán asegurar a conservación do patrimonio natural e da diversidade biolóxica.
 
As solicitudes na liña biodiversidade mariña e litoral terán como obxectivo a conservación da Rede Natura 2000 mariña e a protección tanto do medio costeiro coma do mariño, fronte aos potenciais impactos que poida sufrir e asegurar o seu desenvolvemento e explotación sostibles.
 
Finalmente, os proxectos presentados á liña cambio climático e a calidade ambiental deben perseguir o cumprimento dos compromisos de España en materia de cambio climático, así como iniciativas que fomenten a calidade ambiental e a súa implicación coa biodiversidade e a saúde humana, co obxectivo da mellora do benestar social, o crecemento económico e a protección do medio.
 
A dotación máxima global desta convocatoria é de ata 4.370.000 €, correspondendo a biodiversidade terrestre 2.300.000 €; a biodiversidade mariña e litoral 1.020.000 €; e a cambio climático e calidade ambiental 1.050.000 €.
 
As entidades que desexen presentarse a esta convocatoria teñen de prazo ata o 15 de xullo de 2013. As solicitudes presentaranse en formato electrónico a través da web da Fundación Biodiversidade
 
Unha mesma entidade pode presentar un máximo de dúas propostas. Así mesmo, as bases desta convocatoria fixan que as axudas concedidas a cada proxecto non superarán os 120.000 euros e poderán ser financiados ata un máximo do 70%. Agás no caso das Administracións Públicas, os seus organismos vinculados ou dependentes, as fundacións do sector público estatal, así como análogas entidades das Comunidades Autónomas, en cuxo caso o cofinanciamento dos proxectos non poderá superar o 50%.
 
A concesión das axudas establécese en réxime de concorrencia competitiva, e as súas bases reguladoras pódense consultar na web da Fundación Biodiversidade.

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.