Os encoros da conca do Miño-Sil incrementan as súas reservas nun 20,03% tras as chuvias dos últimos días

Belesar aumentou en 300,43 hm3 o seu volume e está ao 92,95% de capacidade

Bárcena incrementa as súas reservas de auga nun 15,47%

Os encoros da conca hidrográfica do Miño-Sil recibiron unha importante achega de auga de chuvia nos últimos días, o que supuxo un incremento dun 20,03%.

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, estivo vixiante durante os episodios de intensas chuvias destes días, con quendas de 24 horas a través do través do Centro de Control de Cuenca -CECU-, que xestiona o Sistema Automático de Información Hidrolóxica -SAIH-.

O CECU subministra, automaticamente e en tempo real, información sobre as variables climáticas, hidrolóxicas e de estado, das infraestruturas hidráulicas que son significativas e condicionantes do control da conca, ademais de ser unha ferramenta de control e optimización, a curto prazo, das operacións dos encoros, captacións, canles e conducións principais da conca, tanto para os efectos de satisfacción de demandas coma de manexo de avenidas.

A precipitación rexistrada neste episodio fixo que o total de precipitacións dende o inicio deste ano hidrolóxico (que comeza en outubro de 2012) estea un pouco por enriba da media histórica, o que indica unha recuperación con respecto á tendencia que seguía esta Demarcación dende outubro de 2011.

Actualmente, os encoros do Miño-Sil acumulan un total de 2.279,01 hm3, o que representa un 75,19% da capacidade total de encoro (o día 13 de xaneiro ás 0:00 horas estabamos a un 55,16%) e un aumento de 606,99 hm3 nas reservas de auga un incremento dun 20,03%.

Os encoros máis grandes da nosa conca axudaron a laminar as posibles inundacións, destacando os dous encoros que teñen maior capacidade de regulación e laminación nos ríos Miño e Sil (Belesar e Bárcena) os cales experimentaron un incremento notable dos seus recursos. Mentres que Belesar aumentou en 300,43 hm3 o seu volume de auga, encontrándose agora a un 92,95% do total da súa capacidade, o encoro de Bárcena aumentou en 52,83 hm3 o seu volume de auga, estando a un 58,54% da súa capacidade, o que representou un incremento das súas reservas nun 15,47%.

O incremento total de reservas nos encoros Miño-Sil neste período foi de 606,99 hm3, dos que 353,26 hm3 se almacenaron nestes dous grandes encoros, os de maior capacidade de regulación.

Esta información, en tempo real, está dispoñible na páxina Web desta Confederación Hidrográfica do Miño-Sil a través do enlace http://saih.chminosil.es/index.php?url=/datos/situacionEmbalses

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.