- Detalles
-
Mércores, 23 Xaneiro 2013
Estas actuacións paliaron os efectos das intensas chuvias do pasado fin de semana
Continuarase durante este ano cos traballos de conservación de canles e de prevención de danos por inundacións
Bárcena incrementou as súas reservas de auga nun 12,38%
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), realiza actuacións de conservación e restauración de canles para previr e evitar, na medida do posible, os efectos adversos que puidesen producirse por causas naturais.
Con estas actuacións o organismo de conca contribuíu a paliar, na medida do posible, os efectos das intensas chuvias acaecidas o pasado fin de semana. "A nosa idea inicial foi actuar nas canles máis susceptibles de desbordamentos e arrastres, de aí que unhas das actuacións máis importantes foi a mellora da capacidade de desaugadoiro no Regueiro Barredos", indica Francisco Marín, presidente da Hidrográfica.

Os traballos dividíronse por zonas tendo en conta o estado das canles onde a maleza e as árbores caídas poderían obstruír pontes, presas ou obras de paso. Elimináronse especies invasoras en zonas de policía e realizouse unha talla selectiva de vexetación, limitándose á retirada de árbores e ramas que poderían obstruír as propias canles e procedeuse á retirada de especies antrópicas no leito da canle e marxes co ánimo de previr posibles inundacións e avenidas.
Somos plenamente conscientes de que os traballos de conservación, restauración e rehabilitación do dominio público hidráulico son necesarios e imprescindibles para o bo estado das nosas canles fluviais e sobre todo para evitar danos en momentos puntuais de intensas chuvias ou temporais", precisa Marín.
Actuouse nos concellos de Villablino, Villafranca del Bierzo, Torre do Bierzo, Ponferrada, Congosto, Castropodame, Bembibre e actualmente a brigada está a traballar en Carrecedelo, retirando grandes tapóns de maleza, utilizando medios mecánicos e humanos.
Os traballos de limpeza e restauración continuarán ao longo deste ano 2013 co ánimo de mellorar as condicións das nosas canles fluviais máis afectadas, establecendo prioridades en función das condicións de deterioración de cada canle e tendo en conta o momento económico no que nos encontramos. "Durante este ano 2013, continuaremos traballando, en colaboración cos concellos da nosa conca hidrográfica, para preservar e mellorar as nosas canles fluviais máis castigadas", indica Marín.
En relación ao importante episodio de chuvias do pasado fin de semana, a CHMS estivo vixiante 24 horas a través do través do Centro de Control de Cuenca -CECU- que xestiona o Sistema Automático de Información Hidrolóxica -SAIH-, este subministra, automaticamente e en tempo real, información sobre as variables climáticas, hidrolóxicas e de estado, das infraestruturas hidráulicas que son significativas e condicionantes do control da conca, ademais de ser unha ferramenta de control e optimización, a curto prazo, das operacións dos encoros, captacións, canles e conducións principais da conca, tanto para os efectos de satisfacción de demandas como de manexo de avenidas.
Están establecidos varios niveis e en canto unha estación entra en nivel de prealerta remítense avisos ás Delegacións e Subdelegacións do Goberno, Unidades de Protección Civil e Concellos co ánimo de que poidan tomar as medidas oportunas coa antelación suficiente.
En xeral e a falta de facer unha valoración real do estado das canles, as inundacións non causaron grandes danos, pero é necesario esperar á baixada dos caudais circulantes, sobre todo pola existencia de ribeiras inestables debido á desaparición da vexetación riparia.
Ultímalas chuvias fixeron que o total de precipitacións dende o inicio deste ano hidrolóxico (que comeza en outubro de 2012) estea un pouco por enriba da media histórica, o que indica unha recuperación con respecto á tendencia que seguía esta Demarcación dende outubro de 2011. Por outra parte, a situación de pre-alerta por seca que se declarou en marzo do ano pasado atenuouse, polo que esperamos que os indicadores mensuais do devandito fenómeno entren en normalidade.
Actualmente, os encoros do Miño-Sil acumulan un total de 2.040,79 hm3, o que representa un 73,10% da capacidade total de encoro -o día 14 de xaneiro encontrábanse un 58%- e un aumento de 470,79 hm3 nas reservas de auga cun incremento de 15,10%. Bárcena aumentou en 45 hm3 o seu volume de auga, estando a un 55,20% da súa capacidade, o que representou un incremento das súas reservas nun 12,38%.