O Consello Nacional da Auga aproba os plans hidrolóxicos das concas do Guadalquivir, do Guadiana e do Cantábrico Occidental e Oriental

Xa son nove os plans aprobados este ano e continúase traballando para concluír o resto da planificación hidrolóxica competencia do Estado en 2013

O Ministro destacou que se prevé abordar "un Plan Nacional da Auga que garanta unha subministración en cantidade e calidade abondo e dun xeito integral e solidario en toda España"

 

O Consello Nacional da Auga aprobou hoxe, por proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio (MAGRAMA), os plans hidrolóxicos de catro demarcacións hidrográficas, dando así luz verde aos plans das concas do Guadalquivir, do Guadiana e do Cantábrico Occidental e Oriental.

O Ministro, Miguel Arias Cañete, presidiu o Consello Nacional da Auga e recordou que con estes catro novos plans hidrolóxicos ratificados hoxe son xa nove os que contan co informe favorable para a súa aprobación polo Goberno este ano. Aos catro aprobados hoxe (malia o rexeitamento da Xunta de Andalucía ao Plan do Guadalquivir por razóns sen fundamento técnico) súmanse os plans das demarcacións Galicia-Costa, Miño-Sil, Tinto-Odiel, Guadalete-Barbate e as Concas Mediterráneas Andaluzas, aprobados, en xuño.
 
Arias Cañete congratulouse da aprobación destes catro novos plans, "cumprindo co noso compromiso coa Comisión Europea e coa cidadanía para avanzar na finalización do proceso de planificación hidrolóxica en todas as demarcacións, impulsando a coordinación de todos os intereses territoriais e en prol de consolidar o relevante papel de España no ámbito da xestión da auga en Europa, como país pioneiro na implantación da xestión por concas hidrográficas,".
 
O Ministro destacou "o esforzo que está a facer o Goberno" para poder cumprir co obxectivo de aprobar os plans de conca das demarcacións competencia do Estado (intercomunitarias) en 2013 -inicialmente debían estar aprobados en 2009-, así como para impulsar a aprobación do maior número de plans das concas intracomunitarias por parte das Comunidades Autónomas.
 
Neste sentido, Arias Cañete volveu transmitir ás Comunidades Autónomas a necesidade de cumprir coa Directiva europea, emprazándoas, como en anteriores encontros, a axilizar ao máximo o proceso. 
 
CONSELLO NACIONAL DA AUGA
 
O Consello Nacional da Auga é o órgano asesor do Goberno nesta materia, no que están representados a Administración Xeral do Estado, as Comunidades Autónomas, os entes locais, os organismos de conca, as organizacións profesionais e económicas relacionadas cos distintos usos da auga, as organizacións sindicais e empresariais e as entidades sen ánimo de lucro estatais.
 
Tras o informe preceptivo do Consello Nacional da Auga, todos os plans hidrológicos,que xa superaron un trámite de participación pública no que todos os interesados puideron presentar as alegacións que estimasen pertinentes,han de ser aprobados por Real Decreto polo Goberno.
 
AVANCES NA PLANIFICACIÓN HIDROLÓXICA
 
No acto, Arias Cañete detallou os numerosos avances que está a facer o Goberno para culminar con éxito a planificación hidrolóxica en España.
 
Así,a os catro Plans Hidrolóxicos hoxe aprobados nas concas competencias do Estado (intercomunitarias), súmase o do Miño-Sil.
 
Ademais, o Ministro destacou os avances que se están a facer para aprobar o Plan do Ebro, en período de información pública, a pesar de que se trata dunha das demarcacións máis complexas polo gran número de comunidades autónomas que atravesa e pola coordinación con Francia e Andorra.
 
Tamén na aprobación do Plan Hidrolóxico do Douro, que está a incorporar no seu borrador algunhas das alegacións que recibiu durante o proceso de participación pública.
 
Nas demarcacións intracomunitarias, xunto aos plans aprobados anteriormente (Distrito Fluvial de Cataluña, Galicia-Costa, Tinto-Odiel, Guadalute-Barbate e Concas Mediterráneas Andaluzas, os catro últimos tras recibir o visto e prace o pasado mes de xuño), súmase hoxe a aprobación do Plan da demarcación do Cantábrico Oriental, de xestión integrada: ademais do Goberno, na súa xestión participa a Comunidade Autónoma Vasca. 
 
"GARANTIR A AUGA EN TODO O TERRITORIO"
 
Arias Cañete enmarcou toda esta planificación hidrolóxica en "un dos piares básicos do Ministerio, a política hidráulica,". "No marco desta política contémplase abordar o Pacto Nacional da Auga, co obxectivo de garantir a subministración de auga en calidade e cantidade abondo, dun xeito integral e solidario en todo o territorio nacional", sinalou.
 
Resultado deste pacto será a proposta dun novo Plan Hidrolóxico Nacional "que considere os acordos do pacto e materialice os seus obxectivos", engadiu o Ministro, explicando que este futuro plan terá en conta todas as tecnoloxías e infraestruturas existentes e propoñerá a construción doutras novas para asegurar, en conxunto, a suficiente xestión do recurso, o aumento de caudais en zonas con déficit hídrico e o abastecemento a prezos razoables para cada uso.
 
Por último, Arias Cañete considerou "prioritarios" os investimentos destinados ao abastecemento e regulación de caudais, así como a depuración e o saneamento das augas residuais.
 
REGULAMENTO DOMINIO PÚBLICO HIDRÁULICO
 
No Consello Nacional da Auga tamén se presentou o borrador do proxecto de Real Decreto polo que se modifica o Real Decreto 849/1986, do 11 de abril, polo que se aproba o Regulamento do Dominio Público Hidráulico.
 
A modificación do Real Decreto ten como obxectivo regular a actividade rexistral da Administración hidráulica e establecer os criterios técnicos de valoración dos danos ao dominio público hidráulico en desenvolvemento da lexislación sobre infraccións e sancións en materia de augas. 

 

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.