A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS- conclúe os traballos de recollida de residuos sólidos no río Barbaña

A concienciación social é a clave para manter limpas as nosas canles fluviais

O Organismo de conca solicita colaboración aos Ourensanos para manter os nosos ríos en bo estado

 A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, finaliza os traballos de retirada de residuos sólidos urbanos na canle e en ambas as dúas marxes do río Barbaña.

 
Basura en río barbañaO obxecto desta actuación foi a retirada puntual de centos de plásticos, botes, bolsas, restos de animais mortos, bandexas pequenas con restos de comida e mesmo unha pantalla de ordenador, unha lavadora e un colchón, entre outros obxectos. "Intentaremos concienciar á sociedade Ourensana de que os nosos ríos son unha fonte de riqueza e o seu bo estado é sinónimo de progreso" explica Francisco Marín, Presidente do Organismo.
 
Estas actuacións foron acometidas polo Organismo de conca cunha pequena brigada que se encarga da roza das marxes dos ríos que supoñan risco de avenidas ou inundacións, se ben, neste caso se encargaron da recollida de residuos sólidos urbanos tanto na canle- competencia do Organismo- como nas marxes do río Barbaña - competencia Municipal-.
 
"Dende este Organismo estase a traballar para intentar dar solución aos problemas que, dende hai anos, vén sufrindo o río Barbaña, tal e como nos solicitan os cidadáns de Ourense, aos que agradecemos a súa colaboración no mantemento dos nosos ríos en bo estado", apunta Marín.

 

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.