A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil recibe en Ourense unha delegación do goberno de Turquía, presidida polo Viceministro de Bosques e Augas

Visita enmarcada dentro do proxecto "Twinning" promovido pola Unión Europea de "monitorización de calidade das augas"

A primeira hora, o Viceministro turco foi recibido polo subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro
Na Facultade de de Ciencias da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, deuse a coñecer a experiencia española en implementación da Directiva Marco da Auga
 
Realizouse un encontro con representantes do sector empresarial como toma de contacto para futuras relacións laborais con Turquía

 A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, participa conxuntamente coa Oficina Internacional da Auga de Francia nun consorcio liderado polo Ministerio holandés de Asuntos Económicos, Agricultura e Innovación, a través da Axencia de Ordenación do Territorio e Xestión de Augas, nun proxecto Twinning de asesoramento ao Ministerio de Bosques e Augas de Turquía.

O proxecto "Capacity Building on Water Quality Monitoring" - monitorización de calidade das augas- está enmarcado nos denominados "Twinning", programas de irmandamento que, promovidos pola Unión Europea, configúranse como un instrumento financeiro de cooperación directa cos países candidatos a integrarse na UE e que ten por obxecto reforzar a capacidade institucional, a cooperación e o desenvolvemento socioeconómico nos Estados implicados.
 Visita goberno turco
A duración do proxecto é de 24 meses e conta cun presuposto de 2 millóns de euros, financiado integramente pola UE e a República de Turquía, que iniciou a súa execución en outubro de 2011 mediante a participación de expertos dos tres países do consorcio en misións de asesoramento aos responsables de Ministerio turco de Bosques e Augas na implementación da normativa comunitaria en materia de augas, especialmente da Directiva Marco da Auga e, de forma específica, en "monitorización de calidade de augas".
 
Dentro das actividades previstas no contrato do proxecto Twinning considérase unha visita de estudo a cada un dos tres países do consorcio. En decembro do pasado ano tivo lugar a visita de estudo a Holanda, país líder do proxecto, e nesta ocasión é España o pais anfitrión, durante os días 8 ao 12 de outubro. A delegación oficial está presidida polo Viceministro de Bosques e Augas e formada por 29 persoas.
 
No acto celebrado na Universidade, o Decano de Ciencias -Pedro Araujo- no seu discurso de benvida explicou as relacións da Universidade co Organismo de conca. Pola súa banda, Francisco Marín- Presidente de la Confederación, ademais de agradecer a visita da Delegación Turca e dos líderes do proxecto en Holanda, aproveitou para expoñer aos presentes as principais funcións do Organismo de conca e a experiencia do Estado Español en materia de augas sobre todo en temas de "Monitorización de Calidade das Augas", dando paso aos relatorios técnicos que reforzaron o discurso inicial e con ánimo de continuar co labor de asesoramento os responsables do Ministerio turco de Bosques e Augas na implementación da normativa comunitaria en materia de augas.
 Visita goberno turco
Posteriormente e para poñer en práctica o exposto na Universidade, a expedición visitou o Centro de Control de Cuenca do Miño-Sil -CECU- dende onde se controlan as posibles incidencias hidrolóxicas e a racionalización dos recursos dispoñibles cos mecanismos adecuados co fin de racionalizar e axilizar o proceso de toma de decisións na xestión hidráulica.
 
Por último levouse a cabo un encontro no Parador de Santo Estevo co sector empresarial, no que estiveron presentes ademais do Presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, o Vicepresidente do Círculo de Empresarios Leóns e o Subdelegado do Goberno en Ourense, o Director da Área de Internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE). A finalidade desta reunión é axudar a que os empresarios do noso país poidan explicar a outros gobernos a ampla experiencia que posúen en materia de augas con fin de que, nun futuro, poidan establecer relacións laborais.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.