A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil realizará melloras na galería II do dique do Outeiro do encoro de Bárcena

Esta actuación, cuxo importe ascende a 47.129 €, mellorará o acceso á galería de inspección do dique
 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, realizará as obras de "Reconstrución do tramo inicial da Galería II do dique do Outeiro do encoro de Bárcena, T.M. de Cubillos del Sil (León).

Con data 11 de setembro de 2012, o Presidente do Organismo de conca asinou o encargo á empresa C.M.T. ALGAR, S.L., para a execución da obra, no prazo de tres meses, e por un importe total de 47.129,50euros.

Os traballos consisten na reconstrución dun tramo de galería -de 46 m. de lonxitude- con canalización ovoide de formigón armado agargalado, con recheo de formigón na parte inferior, para conseguir unha base plana duns 60 cm. de ancho, respectando as características da galería orixinal. Por outra parte, na zona de entrada á galería, realizarase unha boquilla de formigón en masa, de resistencia 20, e dispoñerase unha nova porta de entrada fabricada con perfilería de aceiro galvanizado en quente.

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.