
Colaboración e proximidade ao cidadán, os seus piares básicos
Balance positivo da xestión realizada polo Organismo de conca dende o nomeamento de Francisco Marín como presidente
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo Autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, cumpre co compromiso de achegamento ao cidadán e os seus representantes, adquirido na reunión celebrada o pasado 16 de abril cos alcaldes das bisbarras Del bierzo, Laciana e Babia, na que estivo acompañado polo Subdelegado do Goberno en León - Juan Carlos Suárez Quiñores- e o Vicepresidente da Deputación de León para o Bierzo - José Antonio Velasco-. Francisco Marín, que comezou a súa actividade á fronte do Organismo o 1 de marzo de 2012, iniciou as primeiras reunións no Pantano de Bárcena a semana despois de celebrado o encontro.
Marín desprazouse a Ponferrada dúas veces ao mes, en función das solicitudes recibidas, e entrevistouse con cada un dos alcaldes que se puxeron en contacto co Organismo - Ponferrada, Pazos de Sil, Carracedelo, Ponte de Domingo Flórez, Molinaseca, Villafranca del Bierzo, Igüeña, Encinedo, Toreno, Oencia, Caboalles de Abajo, Cabanas Raras, Cubillos de Sil, Congosto, Noceda del Bierzo, Torre do Bierzo, Sancedo e Candín-. Cada rexedor fixo partícipe a Marín das súas inquietudes, demandas e dúbidas, ademais de solicitar asesoramento nos procedementos a seguir e a normativa a aplicar, todos eles recibiron resposta no momento da reunión ou nun prazo razoable, tal e como o Presidente se comprometera.
Froito destes primeiros encontros ao co ánimo de cumprir cos obxectivos marcados, a CHMS realizou un estudo pormenorizado das zonas nas que os rexedores solicitaron a realización de traballos de restauración, conservación e rehabilitación do dominio público hidráulico, e dos tramos fluviais nos que, para previr danos por inundacións, sería necesario realizar algunha actuación de cara ao próximo outono, todo iso atendendo ás solicitudes recibidas e sempre valorando como factor principal o grao de urxencia destas. Estes traballos comezaron no mes de xuño e estanse a executar en dúas fases, actualmente continuamos na primeira fase, e estanse a levar a cabo actuacións, en distintos tramos de ríos, que abranguen unha lonxitude total de 4.2 Km.
Por outra parte, iniciáronse os estudos de viabilidade tendentes á recuperación da central hidroeléctrica da Fonte do Xofre -Ponferrada- co obxectivo principal de obter recursos que financien outros proxectos posteriores. A recuperación das marxes do Sil e a limpeza do Regueiro Barredos foron proxectos avaliados xunto co Concello de Ponferrada.
O tema que formularon a gran maioría dos alcaldes foi o das verteduras contaminantes e, dende o Organismo, co firme compromiso de mellorar a calidade das nosas masas de auga, ofreceuse información detallada da normativa a seguir e mesmo, en casos puntuais, os técnicos da Comisaría de Augas desprazáronse ás zonas para explicalo aos rexedores con máis detalle.
Por outra parte, o presidente do Organismo de conca tamén se entrevistou coas asociacións e xuntas veciñais, empresas de diferentes sectores, outras Administracións e medios de comunicación, que así o solicitaron.
"Sendo conscientes do escenario económico no que nos encontramos, foi o grao de urxencia o factor principal que valoramos en cada actuación, por iso, algúns dos proxectos menos urxentes, neste momento non poderán ser atendidos, e teremos que esperar a que a situación económica mellore", explica Marín.
Por outra parte, e en relación á xestión do Organismo, o Presidente da CHMS engadiu, "esperamos estar a cumprir co anunciado, intentamos que nos vexan como unha Administración próxima e colaboradora, que cumpre co compromiso de conservación e mellora do noso medio e que traballa por e para o servizo o cidadán e os seus representantes".