Guillermina Yanguas explica que “España defende unha xestión integrada da agua e o dereito humán o seu acceso”

 

A directora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e Medio Natural do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA), Guillermina Yanguas, defendeu hoxe a postura de España, no marco da Unión Europea, "por unha xestión integrada da auga e polo dereito humano ao acceso a este ben escaso".


Así pronunciouse Yanguas na reunión de coordinación comunitaria que tivo lugar na segunda xornada preparatoria do Cume de Nacións Unidas para o Desenvolvemento Sustentable (coñecida como "Rio+20"), que se celebra desde os próximos 20 a 22 de xuño en Río de Janeiro.


Neste mesmo foro, repasáronse os avances das negociacións en materia de seguridade alimentaria ou gobernanza ambiental.

Asemade, a directora xeral do Ministerio reuniuse coas comunidades autónomas, organizacións sociais (ONGs) e sindicatos para compartir o estado das negociacións do texto final que deberá presentarse ao final do Cume de Río.
Nestas sesións previas, a delegación española participa activamente na organización dos grupos de discusión que tratasen temas relacionados coa Economía Verde no contexto do Desenvolvemento Sustentable e a Erradicación da Pobreza.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.