A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, Organismo autónomo dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente -MAGRAMA- celebrou este 31 de maio, en Ourense, a primeira reunión do Consello da auga da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil -CAD-.
Francisco Marín presidiu a sesión constitutiva do CAD, na que se aprobou o informe preceptivo do proxecto de Plan Hidrológico da parte española da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil, paso previo á remisión, ao Goberno, para a súa aprobación definitiva.
Ao comezo da reunión, procedeuse á elección do Vicepresidente 1º, Francisco Menéndez, director de Augas de Galicia, de entre os 17 vocais representantes das CCAA, e Vicepresidente 2º, Raúl Valcárcel, Presidente da Mancomunidade de Municipios da auga do Bierzo, elixido de entre os 23 vocais representantes dos usuarios.
Por outra banda, neste encontro, tamén foron elixidos os dous vocais representantes, desta demarcación hidrográfica, no Consello Nacional da auga, un dos vocais, elixido de entre os 17 representantes das CCAA, e o outro vocal, elixido de entre os 23 representantes dos usuarios (abastecemento a poboacións, regadíos, usos enerxéticos e outros usos), Francisco Menéndez e Clemente Prieto, respectivamente.
O funcionamento do Consello da auga da Demarcación non suporá incremento do gasto público e atenderase cos recursos persoais e materiais dos que dispón o Organismo de conca. Como órgano de apoio técnico ao Consello da auga actuará a Oficina de Planificación Hidrológica desta Confederación Hidrográfica.
O Presidente do Consello, Francisco Marín, ao comezo da sesión, aproveitou para agradecer a todos os membros do CAD pola súa asistencia, agradecemento que fixo extensivo ao representante, en calidade de invitado, da Administración da Rexión Hidrográfica do Norte (ARH Norte)de Portugal, manifestando que "gustaríame destacar que durante todo o proceso de planificación mantivéronse múltiples reunións cos nosos homólogos de Portugal, moi especialmente coa ARH Norte, como responsables dos plans de xestión das augas compartidas dos ríos Miño e Limia".
Membros do Consello da Auga da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil
Presidido polo Presidente do Organismo da conca, este Consello está formado por 69 membros, no mesmo, están representados os Departamentos Ministeriais relacionados coa xestión da auga, con 17 vogais, as CCAA que abarca a conca hidrográfica, representados, tamén, por 17 vogais, as entidades locais, 2, os usuarios da auga, 23, e, por último, as asociacións e organizacións de defensa de intereses ambientais, económicos e sociais relacionados coa auga, representados por 6 vogais, tamén, en representación do Organismo de conca, forman parte do CAD, o Comisario de Augas, o Director Técnico, o Xefe da Oficina de Planificación Hidrológica e o Secretario Xeral, que actuará como secretario, con voz pero sen voto.
Funcións do CAD
Con carácter xeral, promove a información, consulta e participación pública no proceso planificador, eleva ao Goberno, a través do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, o Plan Hidrológico da demarcación e as súas ulteriores revisións e, por ultimo, informa as cuestións de interese xeral para a demarcación -protección das augas, mellor ordenación, explotación, entre outras-.
Por outra banda, e como labores específicos no procedemento de planificación hidrológica, o CAD, informa os plans especiais de actuación en situacións de alerta e eventual seca, emite informe preceptivo sobre o esquema provisional de temas importantes en materia de xestión de augas previsto no artigo 79.6 do Regulamento de Planificación Hidrológica, ademais de emitir tamén o informe preceptivo sobre a proposta de proxecto de Plan Hidrológico e os seus ulteriores revisións, con carácter previo ao seu envío ao Goberno para a súa aprobación, tal e como se realizou nesta reunión.
Comisión de Planificación Hidrolóxia e Participación Cidadá
Tras a constitución do Consello da auga, crearase a Comisión de Planificación Hidrológica e Participación Cidadá, no prazo máximo dun mes.
Estará presidida polo Presidente do Consello da auga da demarcación, e integrada por vogais do devandito Consello, na seguinte forma, oito da Administración Xeral do Estado, oito das CCAA -Galicia, Castela e León e Asturias-, doce representantes dos usuarios -abastecemento, regadíos e usos enerxéticos-, dous representantes das entidades locais cuxo territorio coincida total ou parcialmente co da demarcación, e, por último, tres representantes das asociacións e organizacións de defensa de intereses ambientais, económicos e sociais relacionados coa auga.