A Xunta de Gobierno da Confederación informa favorablemente sobre o Plan Hidrolóxico Miño-Sil


  •  O Plan, tras os preceptivos informes do Consello da Auga da Demarcación e do Consello Nacional da Auga, será elevado para a súa apobación polo Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambente.

Francisco Marín presidiu hoxe en Ourense a primeira reunión da Xunta de Goberno da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS-, dependente do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente -MAGRAMA-, desde o seu nomeamento como presidente deste organismo de conca.

O Organo Colexiado da CHMS informou favorablemente o proxecto de Plan Hidrológico da parte española da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil para a súa proposta ao Consello da auga da Demarcación, que se constituirá a finais de maio.

Para continuar co procedemento establecido, tras os informes preceptivos do Consello da auga da Demarcación e do Consello Nacional de Auga, o proxecto será elevado, para a súa aprobación polo Consello de Ministros, a proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Francisco Marín afirmou que "o obxectivo deste Organismo é traballar con rapidez e eficacia para que o noso Proxecto de Plan Hidrológico, xunto co de Galicia Costa, inclúase na reunión do Consello Nacional da auga que se celebrará no primeiro semestre de 2012"

 

ORZAMENTOS E ACTIVIDADE

Tamén se debateron nesta reunión outros temas que, segundo o art. 28 da Lei de Augas, han de ser sometidos á Xunta de Goberno:

A Memoria de actividades do Organismo -onde se recollen os principais parámetros de actividade, tanto desde a perspectiva de tramitación de expedientes de autorizacións e concesións, como dos recursos administrativos inherentes, ademais da xestión financeira e dos investimentos realizados-.

A proposta de orzamentos "este ano o noso orzamento ha de ser restritivo, realista e acorde coa situación económica actual pero non por iso sen actividade, traballaremos sen facer ostentación, con austeridade e criterio claro", segundo Francisco Marín.

A liquidación das contas e o establecemento dos criterios xerais para as indemnizacións por danos ao dominio público hidráulico (DPH) que, segundo palabras de Francisco Marín, "criterios claros e facilmente medibles e valorables".

Neste encontro, o presidente, estivo acompañado polos representantes da Administración Xeral dos Estado -Ministerios de Facenda e Administracións Públicas, Economía e Competitividade e Defensa-, das Comunidades Autónomas -Galicia, Asturias e Castela e León-, representantes abastecemento ás poboacións -Concellos de Lugo e Monforte e Mancomunidade de Municipios da auga do Bierzo- e os portavoces dos regadíos e das entidades encargadas dos usos enerxéticos.

Marín aproveitou o encontro para manifestar, novamente, a súa vontade de colaboración coas distintas Administracións Públicas e usuarios da auga, "hai que ser conscientes do momento no que estamos, tanto económico como climático, e non podemos esquecernos de que o noso deber é manter e mellorar o estado das nosas masas de auga e, por iso, pídovos a vosa colaboración en temas de depuración e saneamento e tamén, por suposto, corresponsabilidade en temas de abastecemento e regadío".

Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.