A CHMS culmina as actividades do proxecto Gústame o meu río 2024-25 na Lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza- Lugo)

La CHMS culmina las actividades del proyecto Me gusta mi río 2024-25 en A Lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza- Lugo)
  • Os días 4 e 5 de xuño, os 285 nenos e nenas dos centros lucenses CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos e CEIP de Quiroga; de León CEIP Virxe da Quinta Angustia (Cababelos); os ourensáns, CPI Terras de Maside e CEIP Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar); e o pontevedrés Ceip As Veigas (Ponteareas); reúnense nunha actividade de posta en común; "non se trata de competir, trátase de compartir experiencias", explicou Quiroga
  • "Gústame o meu río" iniciouse en 2018 e ata a data chegou a máis de 1900 alumn@s de toda demarcación hidrográfica co interese de adquirir, a través de actividades dinámicas e participativas, conceptos clave que axuden a asumir a responsabilidade individual no uso sostible da auga e na protección do medio ambiente, co interese de que se transmitan ao ámbito familiar como mellor canle de comunicación
  • "Desde a CHMS apostamos pola educación ambiental co obxectivo de conseguir dar valor ao patrimonio ambiental e paisaxístico da demarcación, a través de talleres que visibilicen a importancia de vivir para os ríos, sendo conscientes de que o coñecemento é a clave para o seu respecto e coidado e, por suposto, a mellor herdanza de futuro" concluíu o presidente

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil -CHMS- iniciou o "congreso final" do proxecto de "gústame o meu río" da edición 2024-25 que ten lugar na Lagoa de Fonmiñá (A Pastoriza- Lugo), e que consta de 2 xornadas de posta en común os días 4 e 5 de xuño.

Hoxe celebrouse o acto de presentación presidido por José Antonio Quiroga, presidente do organismo de conca, acompañado do alcalde do municipio, Darío Cabaneiro; no que contaron como relatores e protagonistas aos 285 "mellores guardarríos" desta edición.

O alumnado dos centros lucenses CEIP Plurilingüe Monforte de Lemos e CEIP de Quiroga; de León CEIP Virxe da Quinta Angustia (Cababelos); os ourensáns, CPI Terras de Maside e CEIP Ben-Cho-Shey (Pereiro de Aguiar); e o pontevedrés Ceip As Veigas (Ponteareas); presentaron os traballos realizados durante esta edición do proxecto.

A creatividade dos máis pequenos foi capaz de sorprender a autoridades e profesores coas súas exposicións sobre o aprendido nos 8 talleres, ademais de armorizar música, entoación e letras en cancións alusivas ao uso sostible de auga e á necesidade de coidar os ríos, entre outras actividades. Todo iso cargado de momentos de curiosidade, espontaneidade, interacción e valorización dos traballos dos/as compañeiros/a de outros centros que participaron este ano.

O acto completouse co emotivo momento de recollida de carnés aos "mellores guardarríos" que culminou con aplausos e sensación do deber cumprido.

O proxecto "Gústame o meu río" iniciouse en 2018 e ata a data chegou a máis de 1900 alumn@s de toda demarcación hidrográfica co interese de adquirir, a través de actividades dinámicas e participativas, conceptos clave que axuden a asumir a responsabilidade individual no uso sostible da auga e na protección do medio ambiente, co interese de que se transmitan ao ámbito familiar como mellor canle de comunicación.

"Queremos conseguir que os mozos comprendan que os recursos naturais son limitados e que todos deberiamos de asumir a responsabilidade individual de conservación dos mesmos" destacou José Antonio Quiroga, que puido comprobar in situ o magnífico resultado das actividades e o interese mostrado polos alumnos e alumnas e tamén polos profesores que lles acompañaron ao longo do proxecto.

"Hoxe realizamos aquí as actividades en lugar cargado de simboloxía e mitoloxía e a escasa distancia do Pedregal de Irimia; un espazo magnifico para poñer en valor o aprendido e dar contido a unha infraestrutura que naceu co obxectivo, por unha banda, de lugar de contemplación da Charca Fonmiñana e a súa contorna e, por outra banda, para ser unha edificación "barreira" con respecto da estrada inmediata que percorre este espazo en todo o seu linde e que axuda a crear un espazo natural amable, funcional e máis tranquilo" engadiu Quiroga.

"Desde a CHMS apostamos pola educación ambiental co obxectivo de conseguir dar valor ao patrimonio ambiental e paisaxístico da demarcación, a través de talleres que visibilicen a importancia de vivir para os ríos, sendo conscientes de que o coñecemento é a clave para o seu respecto e coidado e, por suposto, a mellor herdanza de futuro" concluíu o presidente.

O alcalde agradeceu a visita ao seu Concello e a invitación ao entrañable acto tan cargado de ensinos e de mostras do aprendido sobre o medio ambiente e o bo uso da auga nun lugar tan enigmático como A Lagoa de Fonmiña e o centro de interpretación do Alto Miño.

 

20250604 124014

20250604 121616

20250604 105920

20250604 143517

Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.