A CHMS traballa na reparación da ponte sobre o río Xares no Bolo, investindo máis de 520.000 euros

La CHMS trabaja en la reparación del puente sobre el río Xares en O Bolo, invirtiendo más de 520.000 euros
  • Esta infraestrutura restablecerá o servizo e a comunicación dos veciños e veciñas dos núcleos de A Barxa e O Seixo; ademais, mellorará o traxecto do transporte escolar da zona
  • A alternativa seleccionada contempla principalmente tarefas de limpeza e roza, protección ambiental do leito, demolición completa da actual estrutura, escavación de cimentacións, execución da nova estrutura e os traballos necesarios de protección e restitución ambiental
  • “Aínda que a titularidade e responsabilidade non é deste organismo de conca, consideramos fundamental a colaboración co Concello para mellorar a calidade de vida dos residentes na zona, en contraste coas promesas incumpridas e a indiferenza de Xunta e Deputación de Ourense” explicou Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Alberto Vázquez, alcalde do Bolo, visitaron as obras de reconstrución da ponte da Barxa sobre o río Xares no municipio ourensán do Bolo, iniciadas recentemente.

Proxecto

“Proxectouse a reconstrución completa da ponte para ampliar a súa capacidade hidráulica cumprindo así cos requisitos que establece o Plan Hidrolóxico, todo iso co obxectivo de solucionar a interrupción das comunicacións e a circulación de vehículos pola infraestrutura danada, polo problema e incomodidade que supón para os veciños e veciñas da zona” explicou o presidente.

A alternativa seleccionada contempla principalmente tarefas de limpeza e roza, protección ambiental do leito, demolición completa da actual estrutura, escavación de cimentacións, execución da nova estrutura baseada nun ponte pórtico de 17,50 m de luz e 6,50 m de ancho, dividido en 5,50 metros para zona calzada e 0,50 metros en cada un dos dous laterais. Estas actuacións completaranse con plantacións de especies autóctonas e restitución ambiental.

O investimento estimado superará os 520.000 euros que serán sufragados nun 80% pola CHMS e o 20% restante polo municipio.

“En 2020 a Deputación publicitou a creación dunha comisión representativa entre as distintas administracións (Xunta de Galicia, Deputación Provincial, Concello do Bolo e CHMS), con representación dos partidos políticos representados na Deputación, para buscar solucións que posibiliten a reconstrución da ponte sobre o río Xares, pero todo quedou en papeis sen accións concretas” incidiu o presidente.

“Aínda que a titularidade e responsabilidade non é deste organismo de conca, consideramos fundamental a colaboración co Concello para mellorar a calidade de vida dos residentes na zona, en contraste coas promesas incumpridas e a indiferenza de Xunta e Deputación de Ourense” explicou Quiroga

“Agradecemos a colaboración da Confederación Hidrográfica para o arranxo da Ponte Barxa, que mellorará a comunicación dos veciños separados do pobo polo río Xares, e dos escolares que acoden cada día ao IES da Rúa, procedentes dos núcleos de Celavente e Sanmartiño que se ven obrigados a dar un rodeo importante” subliñou o alcalde do Bolo.

07052025 Foto2

07052025 Foto3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.