
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa os traballos de conservación e mellora dos ríos da demarcación.
Esta semana continúan os traballos de repoboación de especies autóctonas en varios leitos nos que se detectou ausencia de vexetación arbórea; estas plantacións mellorarán a estabilización de marxes e evitarán a colonización de especies alóctonas nos ríos Miño, Limia e Faramontaos, ao seu paso polos municipios de Ourense, Rairiz de Veiga e Xinzo de Limia, respectivamente.
"Esta falta de vexetación xera unha descontinuidade no corredor ecolóxico, aumentando o risco de desprendemento dos noiros de ribeira e/o a colonización por especies alóctonas, diminuíndo a resiliencia e o efecto amortiguador da vexetación de ribeira #ante as avenidas en momentos de grandes crecidas do leito" explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.
Actuacións en execución
Estaquillado con Salix sp. e Alnus sp. recollido in situ augas arriba e/o abaixo dos tramos propostos, que permita recuperar progresivamente a vexetación de ribeira. Estímase que se implantarán 800 estaquillas.
Plantación manual de frondosas autóctonas no Miño e no Faramontaos; 690 exemplares de Fraxinus angustifolia, Betula celtibérica e Acer pseudoplatanus.
O tramo localizado no río Limia repoboarase con Fraxinus angustifolia, Betula celtibérica, Corylus abelá, Crataegus monogyna e Frangula alnus; excluyendose a parte incluída dentro do ZEC Veiga de Ponteliñares.
"As actuacións propostas favorecen a recuperación e funcionamento dos ecosistemas de ribeira asociados aos tramos definidos, aumentando a súa resiliencia fronte ao cambio climático" ha concluído Quiroga.
Traballos que supoñen un investimento estimado de 45.800 €, e que están enmarcadas no encargo para o Servizo de Conservación e mellora dos leitos da Demarcación Hidrográfica do Miño-Sil en Galicia, cofinanciadas polos Fondos FEDER no marco do Programa Operativo Plurirregional de España 2021- 2027.