O pasado setembro foi o máis frío desde 2015

Balance climático 08102024
        • A temperatura media estivo 0.5 ºC por baixo da media normal, con todo, o sueste de España seguiu rexistrando temperaturas superiores á media
        • As choivas foron superiores ás habituais e o mes tivo un carácter húmido, sobre todo na metade norte da Península

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), publicou o avance climático de setembro de 2024, un mes que resultou máis frío e chuvioso do normal, especialmente na metade norte da Península. A pesar diso, en zonas do sueste de Andalucía, Región de Murcia, Comunidade Valenciana e de Castela-A Mancha tiveron un setembro máis cálido do normal. Do mesmo xeito, aínda que as precipitacións no norte foron superiores á media, setembro foi un mes seco ou moi seco no suroeste peninsular.

EMPERATURAS
Setembro de 2024 foi un mes con carácter frío no conxunto de España. Rexistrou unha temperatura media de 18.6 ºC, valor que queda 0.6 ºC por baixo da media do período 1991-2020. Así, foi o mes de setembro máis frío desde o ano 2015, e o quinto con temperatura media máis baixa do século actual, por detrás de 2008, 2002, 2015 e 2001. Desde 1961, ano do comezo da serie histórica, trátase do décimo séptimo setembro máis frío.

 
 
08102024 cuadro temperaturas
 Táboa de temperaturas medias en setembro de 2024 nos distintos ámbitos xeográficos de España,
anomalía con respecto ao normal e carácter

O mes resultou moi frío ou frío na metade norte da España peninsular e en zonas do suroeste, mentres que foi cálido ou moi cálido no sueste. En Baleares foi en conxunto frío e en Canarias tivo carácter variable dunhas zonas a outras, resultando en conxunto moi frío.

08102024 El pasado septiembre fue el más frío desde 2015
  Carácter da temperatura en setembro de 2024


As temperaturas máximas diarias de setembro situáronse 0,9 °C por baixo do valor normal, mentres que as mínimas estiveron 0,2 °C por baixo da media. Nas estacións principais de Oviedo e Guadalaxara a temperatura media do mes foi a máis baixa dun mes de setembro desde o comezo das series en 2012 e 2011, respectivamente. En Santander/aeroporto e Salamanca/aeroporto rexistráronse as temperaturas mínimas máis baixas dun mes de setembro, mentres que, a pesar do carácter frío xeneral do mes, en Lugo e Valencia observáronse as mínimas máis altas dun mes de setembro desde o comezo das respectivas series.

PRECIPITACIÓNS
O mes de setembro tivo carácter húmido en canto a precipitacións, cun valor de precipitación media sobre a España peninsular de 52,0 mm, que representa o 116 % da media normal do mes (período de referencia: 1991-2020). Foi o vixésimo primeiro mes de setembro máis húmido desde o comezo da serie en 1961 e o sétimo do século XXI.

 
08102024 El pasado septiembre fue el más frío desde 20151
 Táboa de precipitacións de setembro de 2024 nos distintos ámbitos xeográficos de España,
anomalía con respecto ao normal e carácter


Foi un mes entre normal e húmido en amplas zonas do centro e norte peninsular. Tivo carácter moi húmido en gran parte de Aragón, en Navarra, A Rioxa, País Vasco, este de Castela e León, Madrid e noroeste de Castela-A Mancha. Pola contra, foi seco e moi seco no resto de Castela e León, Estremadura, Andalucía e Murcia. En Canarias tivo carácter seco e en Baleares foi húmido en Eivissa e entre normal e seco no resto do arquipélago.

 
08102024 El pasado septiembre fue el más frío desde 20152
Porcentaxe de precipitación respecto a a media de 1991-2020 en setembro de 2024


Entre as maiores precipitacións diarias, destacan os 98.6 mm o día 15 en Vigo/aeroporto, valor que constitúe o máis alto da súa serie desde 1951, o día 19 en Albacete/basee aérea con 74,0 mm e en Santiago de Compostela/aeroporto con 70,6 mm o día 25. En canto á precipitación total do mes, destacan os 304,3 mm de Hondarribia/Malkarroa, os 261,1 mm de Donostia/San Sebastián/Igueldo, os 202,6 mm de Pontevedra e os 192,5 mm rexistrados en Bilbao/aeroporto.

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.