CHMS e Concello do Barco de Valdeorras investirán máis de 2.350.000€ en mellorar o sistema de saneamento do municipio

CHMS y Concello de O Barco de Valdeorras invertirán más de 2.350.000€ en mejorar el sistema de saneamiento del municipio
  • “A través deste convenio formalízase o compromiso e condicións para o financiamento dun estudo completo de análise e inspección da rede actual, previo á redacción e execución das actuacións prioritarias que determine o citado estudo” explicou o presidente
  • CHMS achegará o 80% e o Concello o 20% restante

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde do Barco de Valdeorras (Ourense), Alfredo García, rubricaron esta mañá o Convenio de colaboración para o financiamento do estudo e obras de mellora das infraestruturas de saneamento do Barco de Valdeorras nunha primeira fase de actuacións que se desenvolverán na Pobra, Mariñan, avda. Portugal e Forcadela.

Problemática

A localidade do Barco de Valdeorras dispón dunha rede de saneamento antiga e envellecida, que adoece de numerosos problemas de funcionamento e de falta de capacidade, agravados polos elevados niveis freáticos que se manteñen na zona durante a maior parte do ano.

O mal estado xeral dos colectores e pozos de rexistro tradúcese nunha elevadísima taxa de infiltracións procedentes de acuíferos e leitos superficiais, o que provoca tanto alivios directos de augas sen tratar ao medio receptor, como un funcionamento inadecuado da EDAR municipal.

Convenio de colaboración

O presente convenio contempla a redacción dun estudo que permita determinar o estado de conservación da rede principal de saneamento do Barco de Valdeorras, identificando aqueles tramos de colectores que precisen intervencións de mellora, rehabilitación ou substitución.

Ademais, realizarase unha modelización do comportamento da rede, tanto en tempo seco como en episodios de choiva, o que servirá para expor diferentes alternativas de actuación: seccións necesarias para distintos caudais de cálculo, localización e dimensionamiento de hipotéticos tanques de tormenta, eliminación de alivios e de estacións de bombeo, de ser isto último posible, execución de novos tramos de conducións etc.

Á vista dos resultados do devandito estudo redactarase un proxecto que incluirá un primeiro paquete de actuacións con obras máis urxentes ou que permitan alcanzar unha mellor relación investimento-resultados.

Este traballo permitirá identificar as restantes obras que sexan precisas para solucionar os problemas que actualmente padece o saneamento do Barco de Valdeorras; en concreto executaranse as obras de mellora da rede de saneamento na Pobra, Mariñan, Avda. Portugal e Forcadela.

O investimento total estímase en 2.350.000,00 €, que serán sufragados, nun 80% pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o 20% restante polo Concello do Barco

“A través deste convenio formalízase o compromiso e condicións para o financiamento dun estudo completo de análise e inspección da rede actual, previo á redacción e execución das actuacións prioritarias que determine o citado estudo” explicou o presidente, “esta colaboración entre Administracións é clave para avanzar en proxectos que melloren e preserven o medio ambiente, para un desenvolvemento máis sostible”, concluíu.

06092024 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.