A CHMS inicia traballos de conservación e mellora do río Grañal, no municipio ourensán de Pereiro de Aguiar

La CHMS inicia trabajos de conservación y mejora del río Grañal, en el municipio ourensano de Pereiro de Aguiar
  • Esta semana, unha das cinco brigadas operativas na provincia, iniciou actuacións neste leito que discorre paralelo á senda en Os Gozos
  • “Intervencións que teñen como obxectivo mellorar a capacidade hidráulica do leito, manter a composición da vexetación de ribeira e eliminar os restos de lixo acumulados nalgunhas zonas concretas” explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS
  • O investimento inicial previsto supera os 18.000 euros

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, intensifica os traballos de conservación e mellora dos leitos da provincia de Ourense. Esta semana, unha das 5 brigadas que traballan na provincia, iniciou actuacións, que discorrerán ao longo de 3 semanas, no río do Grañal, afluente do Lonia, ao seu paso por Os Gozos.

Inspeccións previas

Realizouse unha inspección previa a un tramo de 2,3 km, que discorre paralelo a un roteiro de sendeirismo na que se observou gran acumulación de arrastres e árbores tombadas atravesadas sobre dominio público hidráulico (DPH) e zona de servidume, diminuíndo así a capacidade de desaugadoiro.

A zona presentaba, ademais, varias árbores secas en pé con risco de caída sobre DPH, zona de servidume ou a propia senda, co consecuente risco para os usuarios da mesma.

Traballos en execución

Atendendo ás necesidades descritas, execútanse actuacións de retirada das árbores secas, enfermas ou en perigo de caída, ademais da realización de rozas selectivas de matogueira perimetral e poda e clarexo de ramas baixas, todo iso co interese de evitar tapóns nas infraestruturas de paso; ademais, procédese á estabilización de marxes en zonas concretas.

“Intervencións que teñen como obxectivo mellorar a capacidade hidráulica do leito, manter a composición da vexetación de ribeira e eliminar os restos de lixo acumulados nalgunhas zonas concretas” explicou José Antonio Quiroga, presidente da CHMS

O investimento inicial previsto supera os 18.000 euros.

09082024 RIO GRAÑAL

09082024 RIO GRAÑAL2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.