A CHMS investirá máis de 600.000 euros na substitución da ponte sobre o río Sarria ao seu paso polo municipio lucense de Láncara

La CHMS invertirá más de 600.000 euros en la sustitución del puente sobre el río Sarria a su paso por el municipio lucense de Láncara
  • As obras consisten na demolición completa da estrutura existente e na construción dunha nova ponte de dous carrís, mantendo a localización para conservar a integración coa rede viaria
  • Os traballos comezaron o pasado 27 de xuño e prolongaranse durante 8 meses
  • “A nova infraestrutura, que mellorará a comunicación de máis de 200 veciños dos núcleos de Ronfe e Pousadela, cumprirá, ademais, cos requisitos establecidos no Plan hidrolóxico” concluíu Quiroga, presidente da CHMS

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, inicia os traballos de substitución da ponte sobre o río Sarria ao seu paso polo municipio lucense de Láncara, no núcleo de Supena.

O proxecto

A ponte existente presenta graves patoloxías que poñen en risco a súa integridade estrutural, entre outras, o non ter a capacidade hidráulica suficiente, é pasado pola avenida de 100 anos de período de retorno. O ancho do taboleiro cunha única calzada de 3m é moi insuficiente, e impide o cruzamento simultáneo de dous vehículos.

As obras consisten na demolición completa (taboleiro, pilas e estribos) da estrutura existente na actualidade, e a construción dunha nova ponte de dous carrís mantendo a localización do existente para conservar a integración coa rede viaria. Incluirase a impermeabilización e reposición de capa de rodadura no taboleiro da nova ponte e as conexións da nova estrutura, cos viais existentes en ambas as marxes do río Sarria.

Estas actuacións completaranse co desvío provisional e posterior reposición da rede de abastecemento afectada pola construción do estribo situado na marxe dereita do río; a reposición do camiño de acceso ao vial desde os terreos situados na marxe esquerda augas arriba da ponte; e a restitución ambiental das marxes e leito.

“A nova infraestrutura, que mellorará a comunicación de máis de 200 veciños dos núcleos de Ronfe e Pousadela, cumprirá cos requisitos establecidos no Plan hidrolóxico en canto a maior sección e anchura” concluíu Quiroga, presidente da CHMS.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.