A CH Miño-Sil intensifica os traballos de conservación de leitos na provincia de Lugo

La CH Miño-Sil intensifica los trabajos de conservación de cauces en la provincia de Lugo
  • Nestes días unha brigada composta por 4 operarios especializados e un capataz, traballan no rio Azúmara ao seu paso por Castro de Rei, traballos que supoñen un investimento que supera os 75.000 euros
  • “Desde a CHMS traballamos para que os cidadáns gocen e valoren a riqueza natural que forman os ríos e o ecosistema que os sustenta, coñecer para valorar, este é o obxectivo”, concluíu o presidente

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa traballando na limpeza de leitos e marxes dos ríos de Lugo. Estas actuacións están incluídas na conservación do Dominio Público Hidráulico (DPH) dos ríos da Demarcación Miño-Sil para 2024.

Actuación no río Azúmara en Castro de Rei

Nestes días unha brigada composta por 4 operarios especializados e un capataz, traballan no rio Azúmara, ao seu paso por Castro de Rei, traballos que supoñen un investimento que supera os 75.000 euros.

A intervención, de natureza puntual e selectiva ao longo de 6 km de leito, mellorará a capacidade hidráulica do río e da composición da vexetación de ribeira.

Procederase á retirada de árbores secas, derrubadas ou con estabilidade comprometida, ademais eliminaranse elementos arrastrados pola corrente obstructores do leito. Os traballos executaranse de forma manual no leito e con apoio de maquinaria desde o exterior do leito. As árbores secas e troncos serán retirados con cabrestante desde un punto fixo situado na beira ou marxe.

No caso de curtas de amieiros, aplicaranse as medidas ou recomendacións profilácticas co obxecto de evitar a propagación de Phytophthora alni.

“Desde a CHMS traballamos para que os cidadáns gocen e valoren a riqueza natural que forman os ríos e o ecosistema que os sustenta, coñecer para valorar, este é o obxectivo”, concluíu o presidente.

Competencias en limpeza de leitos

As actuacións de conservación e mantemento de leitos son competencia das Confederacións Hidrográficas, coa excepción de leitos públicos situados en espazos urbanos cuxa competencia corresponde á Administración competente en materia de ordenación do territorio e urbanismo.

24062024-Foto1

24062024-Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.