A CHMS mellorará os accesos ao río Fiscaíño no municipio ourensán da Pobra de Trives

La CHMS mejorará los accesos al río Fiscaíño en el municipio ourensano de A Pobra de Trives
  • Realizarase unha senda fluvial de 1200 metros que percorrerá o núcleo urbano de norte a sur
  • Hoxe foi rubricado o convenio de colaboración que posibilitará estas actuacións
  • O investimento estimado superará os 200.000 euros

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Dominguez, rubricaron hoxe o convenio para o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e entrega das obras do proxecto de construción dunha senda fluvial no río Fiscaiño ao seu paso pola capitalidade do municipio.

As obras consistirán na execución dunha nova senda fluvial nas marxes do río Fiscaiño, de aproximadamente 1.200 metros, que percorrerá o núcleo urbano da Pobra de Trives de Norte a Sur, poñendo en valor este espazo fluvial e permitindo a mobilidade dos veciños e visitantes da zona.

En aras da colaboración entre administracións, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará o 80% das actuacións necesarias que precisan dun investimento aproximado de 200.000 euros, sufragando o 20% restante o Concello.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.