Asinado o Acordo de urxente ocupación dos terreos necesarios para mellorar o saneamento e depuración no polígono Reboredo (Monforte de Lemos- Lugo)

Firmado el Acuerdo de urgente ocupación de los terrenos necesarios para mejorar el saneamiento y depuración en el polígono Reboredo (Monforte de Lemos- Lugo)
  • O trámite de expropiación finalizará en 5 meses e prevese a adxudicación das obras no primeiro trimestre de 2024
  • Construirase unha nova EDAR e un emisario de 1,5 km que verterá ao río Cabe
  • A nova EDAR estará deseñada para 1.000 m3/día e dará servizo 8.342 habitantes equivalentes

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico recibiu o Acordo do Consello de Ministros do 5 de setembro polo que se declara a urxente ocupación dos terreos afectados polas obras de saneamento que se executarán no polígono Industrial de Reboredo, en Monforte de Lemos (Lugo); tal e como anunciaron hoxe o Alcalde do municipio e o presidente do organismo de conca.

Problemática actual

O polígono de Reboredo conta cunha EDAR que dispón dunha autorización de vertedura para 720 m³/d que polas previsións actuais de ampliación e maior ocupación fan que as infraestruturas de saneamento existentes presenten distintos problemas que fan inviable a instalación de novas industrias.

Entre outros problemas a EDAR actual non pode garantir un tratamento adecuado en canto a cargas e caudais xerados no polígono, ao ser deseñada para uns obxectivos de vertedura pouco rigorosos que non resultan autorizables na actualidade.

Por outra banda, o punto de vertedura autorizada está situado no río Carballal que polo seu escaso caudal provoca un forte impacto no seu réxime hidrolóxico e na calidade das súas augas.

Nova EDAR e emisario

A EDAR proxectada solucionará a problemática descrita, pensando ademais nunha futura ampliación.

O proxecto construtivo prevé a demolición da EDAR existente e a construción dunha nova que non necesitará de terreos privados xa que se construirá nunha parcela de titularidade municipal no polígono contigua onde se situa a actual.

Estará deseñada para 1.000 m3/día e dará servizo 8.342 habitantes equivalentes

Executarase unha condución de desaugadoiro (emisario) desde a nova EDAR ao Río Cabe de máis de 1,5 km de lonxitude. Para a execución das obras do emisario será necesaria a expropiación de terreos de titularidade privada que levará a cabo a CHMS, para os que se requiriu a urxente ocupación.

A nova EDAR deseñouse con dúas liñas construídas, coa posibilidade de ampliación mediante a futura construción doutra liña de tratamento, nun espazo reservado na parcela onde se constrúe; podendo dispoñer dun terceiro reactor biolóxico máis un terceiro decantador secundario. O pretratamiento e liña de lodos xa quedan deseñados para acoller o caudal previsto coa ampliación.

As obras teñen un orzamento de 4,2 M € e un prazo de execución de 24 meses incluíndo tres meses de explotación. No convenio asinado entre o concello e a CHMS prevese un investimento total de 4,6 M € incluíndo asistencias técnicas, expropiacións e posible liquidación do contrato de obras. O financiamento acordado é 80% CHMS (3,68 M€) e 20% Concello (920.000 €).

25092023 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.