
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continua á espera do informe da Xunta de Galicia para o traslado das especies de náyades situadas no río Miño na zona onde se desenvolvesen as obras de restauración da represa da Aceña de Olga, o que obriga a suspender, novamente, as obras.
“Un ano máis o “bloqueo” da Xunta de Galicia impídenos executar unha obra tan importante e necesaria para este tramo lucense do Miño”, indicou Quiroga. “Estamos decepcionados e descoñecemos a que obedece esta falta de resposta, tendo en conta que a conselleira, en declaracións aos medios efectuadas o pasado 11 de xullo, indicou que o traslado sería autorizado tendo en conta que se trata dunha colonia de apenas 2.000 exemplares” engadiu o presidente
“Na solicitude efectuada o pasado mes de maio, facíase especial fincapé en que o prazo de execución era de 3 meses desde a autorización e en que só se podería traballar en época de estiaxe” engadiu Quiroga
“Estamos ante unha actuación estratéxica para este Organismo xa que resolve un problema de protección e recuperación de patrimonio cultural protexido, ademais de garantir a permeabilidade lonxitudinal do río para a ictiofauna e a mellora do estado da masa de auga” matizou Quiroga
“Vémonos obrigados a suspender as obras novamente o que implica un importante risco de deterioro deste importante elemento patrimonial nos meses de intenso caudal, co consecuente gasto adicional que conleva o repetir estudos e prospeccións o próximo ano” incidiu o presidente.
“Tal e como anunciamos, a CHMS restaurará e cederá o Muiño de Olga á Universidade co interese de divulgar o valor das infraestruturas fluviais tradicionais situadas na parte lucense da demarcación do Miño-Sil, sendo imprescindible o arranxo da aceña como elemento crave deste importante conxunto patrimonial” explicou Quiroga
Ademais, a recuperación desta infraestrutura garantiría unha lámina de auga estable que permitirá a práctica de actividades de piragüismo e remo nunhas condicións adecuadas e seguras, para este tramo do río Miño, augas arriba da Aceña de Olga.
Por ultimo e moi importante, indicar que o ZEC Parga, Támoga, Ladra da Rede Natura 2000 esténdese cara a augas arriba do tramo do río Miño influenciado pola existencia da represa, e a Directiva Marco da auga establece a obrigación de alcanzar ou manter o bo estado das masas de auga. Por iso, estímase que para mellorar a conservación dos ecosistemas do devandito espazo fluvial protexido e garantir o bo estado da masa de auga, resulta conveniente mellorar a conectividade lonxitudinal o río. “Descoñecemos as razóns da Consellería de Medio Ambiente para paralizar unha obra tan importante e necesaria neste tramo lucense do Miño” concluíu Quiroga.