
O Consello de Ministros aprobou hoxe un Real Decreto-lei a pedimento do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que contempla un investimento de 2.190 millóns de euros para afrontar a seca e aumentar a dispoñibilidade de recursos hídricos. Desta cantidade, o MITECO achega 1.400 millóns para construír novas infraestruturas, como plantas desalinizadoras, duplicar a reutilización de augas urbanas, e reducir os canons e tarifas das explotacións agrarias afectadas. Tamén contempla a execución dun novo transvasamento para reducir a presión sobre os acuíferos que alimentan o Parque Nacional de Doñana.
O investimento en materia de auga é unha prioridade do MITECO, que aumentou o investimento anual un 50% desde os 362 millóns de euros de 2018 ata os 541 millóns do pasado 2022. Ademais, na presente lexislatura sentáronse as bases dun potente reforzo das actuacións durante os próximos anos: os Plans Hidrolóxicos de 2022 a 2027 prevén investimentos de 22.844 millóns e o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia contempla outros 3.167 millóns, incluíndo un PERTE de Dixitalización do Ciclo da Auga.
O esforzo orzamentario realizado desde 2018 garántenos soportar a presente seca sen cortes de abastecemento. Agora, este RDL serve de alivio para o sector agrario e de preparación para os retos transcendentais que veñen por mor do cambio climático.
Á política de carácter estrutural, de medio e longo prazo, destinada a mellorar a xestión e aumentar o volume dos recursos hídricos dispoñibles e a protexer máis os ecosistemas, o RDL reforza esta liña de traballo e aproba varias actuacións urxentes para afrontar a actual conxuntura de seca, cun impacto económico de 1.400 millóns.
APOIO AOS REGADORES
En primeiro lugar, para axudar aos regadores que este 2023 sufran unha redución da súa dotación de auga, aplicarase unha exención ao canon de regulación e á tarifa de utilización da auga. Esta exención será do 50% se o descenso da dotación é do 40% ao 60%, e do 100% se supera ese 60%. Os beneficiarios indirectos das obras de regulación da conca do Guadalquivir quedan directamente exentos do 50% das devanditas cotas.
En segundo lugar, en consonancia coa normativa comunitaria, o RDL modifica a Lei de Augas para impulsar a reutilización das augas urbanas, de modo que se creza un 150%, desde os actuais 400 Hm3 anuais a preto de 1.000 Hm3 anuais en 2027 e chegue a representar o 20% do volume de recursos hídricos destinados ao abastecemento de poboacións.
NOVAS INFRAESTRUTURAS
En terceiro lugar, acelérase a construción de importantes infraestruturas, algunhas con carácter inmediato para as concas afectadas pola seca, como bombeos de emerxencia e adecuación de tomas para garantir o abastecemento durante os próximos meses, cun orzamento estimado de 35,5 millóns.
Neste ámbito de novas infraestruturas, decláranse de interese xeral varias actuacións na costa mediterránea, de modo que o Estado central asumirá a construción de desalinizadoras en Cataluña –unha planta en Tordera, cun custo de 220 millóns–, en Málaga e Almería –200 millóns–, así como a intensificación da reutilización en Alacante, cun investimento de 224 millóns.
Igualmente, deuse luz verde á Sociedade Estatal de Augas das Concas Mediterráneas (Acuamed) para que comece a licitar a construción de novas plantas desalinizadoras alimentadas por parques solares fotovoltaicos, no marco do seu segundo Convenio de Xestión Directa, que conta cunha dotación económica de 600 millóns.
REDUCIR A PRESIÓN SOBRE DOÑANA
Contribuíndo a reducir a presión sobre os acuíferos que nutren o Parque Nacional de Doñana, o Executivo aprobou a substitución dos bombeos de auga subterránea que abastecen á conurbación de Matalascañas por augas superficiais procedentes da estación potabilizadora de Palos –Conca do Tinto, Odiel e Pedras–, así como a transferencia de 3 Hm3 anuais. As obras necesarias para executar este transvasamento e abastecer ao municipio serán asumidas polo Estado central.
O MITECO; doutra banda, está a manter un marco de traballo técnico bilateral coa Dirección de Auga da Junta de Andalucía, con reunións quincenais, nas que se aborda o efecto da seca e a planificación das actuacións.
ACTUACIÓNS POR DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA
TIPO DE ACTUACIÓN |
TÍTULO |
DESCRICIÓN |
VALORACIÓN ECONÓMICA (€) |
DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO GUADALQUIVIR |
|||
Fiscalidade |
Exención de tasas |
Exencións sobre o canon de regulación e a tarifa de utilización da auga para usuarios de rega que tivesen unha redución nas subministracións superior ao 40% |
40.000.000,00 |
Inversión |
Actuacións de execución inmediata |
Actuacións que deben acometerse de maneira inmediata para paliar a situción de escaseza actual e previsible nos próximos meses. Inclúense obras de adecuación de tomas de abastecemento ou outros elementos de infraestruturas hidráulicas, así como bombeos de emerxencia. |
14.790.642,00 |
Inversión |
Actuacións prioritarias |
Actuacións que deben acometerse nos próximos anos para incrementar a resiliencia dos sistemas de recursos hídricos ás situacións de escaseza. Inclúense actuacións destinadas á recuperación ambiental do espazo natural de Doñana e á mellora do tratamento de auga potable. |
88.538.000,00 |
Total Guadalquivir: |
143.328.642,00 |
||
DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO EBRO |
|||
Fiscalidade |
Exención de tasas |
Exencións sobre o canon de regulación e a tarifa de utilización da auga para usuarios de rega que tivesen unha redución nas subministracións superior ao 40% |
15.000.000,00 |
Inversión |
Actuacións de execución inmediata |
Actuacións que deben acometerse de maneira inmediata para paliar a situción de escaseza actual e previsible nos próximos meses. Inclúense obras de adecuación de tomas de abastecemento nos encoros do Ebro e de Yesa. |
1.600.000,00 |
Total Ebro: |
16.600.000,00 |
||
DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO DOURO |
|||
Fiscalidade |
Exención de tasas |
Exencións sobre o canon de regulación e a tarifa de utilización da auga para usuarios de rega que tivesen unha redución nas subministracións superior ao 40% |
2.000.000,00 |
Total Douro: |
2.000.000,00 |
||
DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO GUADIANA |
|||
Inversión |
Actuacións de execución inmediata |
Actuacións que deben acometerse de maneira inmediata para paliar a situción de escaseza actual e previsible nos próximos meses. Inclúense obras de adecuación da calidade das augas en Los Molinos e Sierra Boyera, a impermeabilización do encoro de Campos del Paraíso e a posta en marcha de bombeos de emerxencia. |
9.150.000,00 |
Total Guadiana: |
9.150.000,00 |
||
DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO SEGURA |
|||
Inversión |
Actuacións de execución inmediata |
Actuacións que deben acometerse de maneira inmediata para paliar a situción de escaseza actual e previsible nos próximos meses. Posta en marcha de bombeos de emerxencia. |
10.000.000,00 |
Inversión |
Actuacións prioritarias |
Actuacións que deben acometerse nos próximos anos para incrementar a resiliencia dos sistemas de recursos hídricos ás situacións de escaseza. Actuacións de reutilización nas EDARs de Torrevieja e Orihuela Costa. |
44.000.000,00 |
Total Segura: |
54.000.000,00 |
||
DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DO JÚCAR |
|||
Inversión |
Actuacións prioritarias |
Actuacións que deben acometerse nos próximos anos para incrementar a resiliencia dos sistemas de recursos hídricos ás situacións de escaseza. Actuacións de reutilización nas EDARs de Monte Orgegia e Rincón de León. |
180.000.000,00 |
Total Júcar: |
180.000.000,00 |
||
DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DAS CONCAS INTERNAS DE CATALUÑA |
|||
Inversión |
Actuacións prioritarias |
Actuacións que deben acometerse nos próximos anos para incrementar a resiliencia dos sistemas de recursos hídricos ás situacións de escaseza. Desalinizadora de Tordera II. |
220.000.000,00 |
Total Concas Internas de Cataluña: |
220.000.000,00 |
||
DEMARCACIÓN HIDROGRÁFICA DAS CONCAS MEDITERRÁNEAS ANDALUZAS |
|||
Inversión |
Actuacións prioritarias |
Actuacións que deben acometerse nos próximos anos para incrementar a resiliencia dos sistemas de recursos hídricos ás situacións de escaseza. Desalación na Costa do Sol e no levante almeriense. |
200.000.000,00 |
Total Concas Mediterráneas Andaluzas: |
200.000.000,00 |