O presidente da CHMS e o alcalde de Coles supervisan as obras de saneamento do núcleo de Sequeiros

El presidente de la CHMS y el alcalde de Coles supervisan las obras de saneamiento del núcleo de Sequeiros
  • Está a construírse unha rede de colectores que recollerá as augas residuais deste núcleo, para a súa condución ao saneamento de Ourense
  • As obras avanzan a bo ritmo e a porcentaxe de execución xa supera o 25%

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Manuel Rodríguez, alcalde de Coles, supervisaron o avance das obras de mellora do saneamento e bombeo de augas residuais en Sequeiros coas que se evitarán as verteduras recorrentes ao regato Lusín.

O proxecto

Actualmente xa foi executado máis do 25% do proxecto de construción dunha rede de colectores que recollan as augas residuais que chegan á fosa existente xunto ao arroio Lusín, ao sur de Soutullo de Abaixo, para, unidas ás procedentes do núcleo de Sequeiros, ser conducidas ata a rede de saneamento de Ourense. Esta actuación require, ademais, a realización de obras na rede de Ourense que permitan ampliar a capacidade das conducións actualmente existentes e que posibiliten a conexión destas novas verteduras á EDAR.

“A colaboración entre Administracións é fundamental para conseguir un uso sostible dos recursos; neste proxecto aproveitarase o sistema de saneamento, construído recentemente no Concello de Ourense e dotado de tecnoloxía punteira, para poñer fin aos problemas recorrentes de verteduras que ten o municipio de Coles, limítrofe coa capital ourensá”, concluíu Quiroga.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.