A CHMS mellorará a área recreativa Ponte dás Táboas situada no concello ourensán de Castro Caldelas

La CHMS mejorará el área recreativa Ponte das Táboas ubicada en el ayuntamiento ourensano de Castro Caldelas
  • Demolición da actual zona de baño e construción de novas piscinas fóra da zona inundable
  • Restauración ambiental do leito do río Edo e regato Ferreiros, incluíndo a naturalización da marxe dereita deste último e a execución dun novo acceso
  • O investimento estimado superará os 1.450.000 euros

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Sara Inés Vega, alcaldesa de Castro Caldelas, rubricaron o Protocolo, para o financiamento, posta ao dispor dos terreos, execución e entrega das actuacións de restauración ambiental dunha zona de baño sobre o río Edo na área recreativa Ponte dás Táboas en Castro Caldelas.

Nesta zona existe desde hai moitos anos unha área de recreo con restaurante, zona de esparexemento e zona de baño que é moi usada polos veciños e veciñas, pero necesita certas melloras que a fagan máis atractiva e accesible.

Proxecto

As obras consistirían na demolición da actual zona de baño e construción de novas piscinas fóra da zona inundable, a restauración ambiental do leito dos ríos Edo e regato de Ferreiros, incluíndo a naturalización da marxe dereita deste último e a execución dun novo acceso ao leito, así como o acondicionamento da área recreativa para a súa posta en valor para uso e goce dos usuarios.

En prol da colaboración entre administracións, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil cofinanciará as actuacións necesarias para mellorar a accesibilidade do leito para uso e goce dos veciños/as do municipio e dos visitantes, cuxa investimento estimado ascenderá a 1.450.000 euros.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.