A CHMS mellorará o saneamento do municipio ourensán do Carballiño

La CHMS mejorará el saneamiento del municipio ourensano de O Carballiño
  • O investimento total estimado superará os 1.755.000€ incluíndo asistencias técnicas e expropiacións
  • Procederase á execución e posterior entrega das obras de renovación de canalizacións e acondicionamento da rúa Ourense

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Francisco Fumega, Alcalde do Carballiño, rubricaron hoxe o Convenio que determina as condicións para o financiamento, redacción do proxecto, posta ao dispor dos terreos, execución e posterior entrega das obras de renovación de canalizacións e acondicionamento da rúa Ourense.

Situación actual

No último tramo da rúa Ourense as conducións de evacuación de augas residuais e pluviais atópanse nun estado deficiente, polo que desde o Concello desta localidade solicitouse a colaboración da Confederación Hidrográfica para mellorar o sistema de saneamento.

O proxecto

As obras consistirán na execución de novas redes de saneamento e pluviais, así como na renovación das redes de abastecemento incluíndo, ademais, as reposicións do pavimento da vía, o mobiliario urbano e o axardinamento en todo o tramo que abarca uns 550 metros da rúa Ourense, entre as interseccións desta coas rúas Celso Emilio Ferreiro e 25 de Xullo, onde se proxectará unha miniglorieta.

Estes traballos supoñen un investimento de 1.755.000euros, cofinanciada nun 80% pola Administración do Estado, a través da CHMS, e 20% polo Concello.

“Desde a CHMS colaboramos coas administracións locais en beneficio do medioambiente e por un desenvolvemento máis sostible” explicou o presidente. “As actuacións descritas evitarán verteduras recorrentes ao leito e, polo tanto, mellorarán a calidade das augas e dos ecosistemas asociados ao río” concluíu.

Descargar PDF

 

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.