A CHMS prolongará a senda do río Badella ao seu paso polo municipio ourensán de Bande

La CHMS prolongará la senda del río Badella a su paso por el municipio ourensano de Bande
  • Construirase un sendeiro de 800 metros e procederase á limpeza do leito e marxes
  • O investimento estimado superará os 380.000 €, que serán sufragados nun 80% pola CHMS e o 20% restante pola Deputación Provincial de Ourense, pola súa banda, o Concello de Bande poñerá a disposición os terreos necesarios
  • “Desde este organismo de conca consideramos que a colaboración institucional é clave para executar proxectos que respecten, valoricen e melloren o medio ambiente e a calidade das augas dos nosos leitos” explicou Quiroga

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, José Manuel Baltar, presidente da Deputación de Ourense, e Sandra Quintas, alcaldesa de Bande, rubricaron hoxe o Convenio de colaboración que posibilitará as actuacións de acondicionamento de leito e marxes do río Badella ao seu paso polo municipio ourensán de Bande.

O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións que rexerán o financiamento, redacción do proxecto, posta ao dispor dos terreos, execución e posterior entrega para o mantemento e conservación das obras e instalacións que se contemplan no proxecto

SITUACION ACTUAL

O río Badella, tamén coñecido como río Corga, presenta un alto grao de degradación ambiental ao seu paso polo núcleo urbano de Bande (Ourense), froito do crecemento urbano pouco sostible do núcleo principal.

Para resolver esta situación de degradación do dominio público hidráulico e a súa contorna, no ano 2012 este organismo de conca executou unha serie de actuacións para recuperar este espazo natural. A eficacia da actuación citada levou á toma en consideración da prolongación do acondicionamento do devandito espazo fluvial, co obxecto de continuar a recuperación do mesmo, para o seu uso e goce dos cidadáns.

O novo proxecto

En prol da colaboración entre Administracións, a CHMS cofinanciará e executará a prolongación do sendeiro fluvial, nunha lonxitude aproximada de 800 metros, así como na limpeza do río e tratamento silvícola da vexetación de ribeira.

Estas actuacións, que requiren dun investimento de máis de 380.000 €, serán sufragados nun 80% pola CHMS, o 20% restante pola Deputación Provincial de Ourense e, pola súa banda, o Concello de Bande poñerá a disposición os terreos necesarios para executar as obras. “Desde este organismo de conca consideramos que a colaboración institucional é clave para executar proxectos que respecten, valoricen e melloren o medio ambiente e a calidade das augas dos nosos leitos” explicou Quiroga

“Os cidadáns teñen o dereito para gozar da riqueza ambiental presente na demarcación do Miño-Sil e, para iso, as distintas Administracións temos o deber de valorizar e de potenciar o atractivo dos distintos municipios, pero sen obviar a normativa que implica un desenvolvemento máis sostible” matizou o presidente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.