A CHMS mellorará a contorna e a accesibilidade do río Caselas ao seu paso polo municipio pontevedrés de Tui

La CHMS mejorará el entorno y la accesibilidad del río Caselas a su paso por el municipio pontevedrés de Tui
  • Realizarase, ademais, a recuperación ambiental do leito e do valioso patrimonio etnográfico fluvial da zona de actuación
  • O investimento estimado superará os 935.000 euros

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, rubricaron esta mañá o Protocolo de colaboración como primeiro paso para facer posible a execución do proxecto de “Mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do río Caselas no municipio pontevedrés de Tui”.

Proxecto

Na actualidade, o curso baixo do río Caselas, próximo á súa desembocadura no río Miño, ten un carreiro peonil que conecta co que percorre a marxe dereita deste ata o parque da Canuda, en Salvaterra de Miño; ao longo do leito atópase un conxunto de muíños fluviais de distinto interese etnográfico e estado de conservación e os restos dun acueduto de regadío, augas abaixo da liña de ferrocarril Ourense-Vigo.

O Protocolo rubricado hoxe inclúe dúas fases de execución, a primeira fase formaría parte do proxecto de “Recuperación e posta en valor do patrimonio etnográfico fluvial do río Caselas ao seu paso por Tui”, que contempla as obras de restauración e posta en valor dos muíños fluviais do Muiño do Medio, en O Souto de Arriba, e do Muiño da Seña, na contorna da desembocadura do río Caselas.

Estes traballos consistirán na limpeza, estabilización e consolidación de paramentos e cubertas, así como o acondicionamento das zonas exteriores e creación de elementos de interpretación e posta en valor deste patrimonio. Tamén incluiría os elementos de interpretación e posta en valor do antigo acueduto, augas abaixo da liña férrea paralela ao leito do río Miño.

A segunda fase dos traballos, enmarcada no proxecto de “Actuacións de mellora da accesibilidade e recuperación ambiental do rio Caselas, no TM de Tui”, que consistirá na construción dunha senda peonil pola marxe dereita do río Caselas ao longo do termo municipal de Tui.

O investimento total necesario estímase en 935.000 €.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.