A CHMS substituirá a pasarela do río Cabe que une os concellos lucenses de Sober e Pantón

La CHMS sustituirá la pasarela del río Cabe que une los ayuntamientos lucenses de Sober y Pantón
  • O investimento necesario estímase en 1.350.000 euros
  • O obxectivo é mellorar a mobilidade, a seguridade e a comunicación de 2 lugares, 2 parroquias e de 2 municipios ribeiregos
  • A actual pasarela, situada augas arriba da ponte da Barca, non cumpre coa normativa actual e as recorrentes inundacións poñen en perigo a súa estabilidade
  • A nova estrutura manterá a localización actual, na desembocadura do Cabe no Sil, pero sóbrese-elevará respecto a cota da estrutura existente, para dar cumprimento ao Plan hidrolóxico vixente

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e os alcaldes de Pantón, José Luis Álvarez, e de Sober, Luís F. Guitián, rubricaron hoxe o Protocolo que establece o marco de colaboración entre as partes outorgantes, para o financiamento, execución e entrega dunha nova pasarela peonil na desembocadura do río Cabe, encoro de San Pedro, sobre o río Sil, que substituirá á existente.

A actual pasarela sobre o río Cabe, augas arriba da ponte da Barca, ten 64,5 m de luz, non cumpre coa normativa actual e as recorrentes inundacións poñen en perigo a súa estabilidade.

A nova pasarela, que manterá a localización actual, terá unha lonxitude de 130 m, con 4 pilas e cinco vans, dando cumprimento a todos os requisitos establecidos no Plan hidrolóxico. Esta conectará ambas as marxes do río Cabe a través dos municipios lucenses de Pantón (marxe dereita) e Sober (marxe esquerda).

“É unha actuación moi demandada polos veciños que nace co obxectivo de mellorar a mobilidade, a seguridade e a comunicación de 2 lugares, 2 parroquias e de 2 municipios ribeiregos unidos en torno ao río”, explicou Quiroga. É unha forma de abrir novas posibilidades de roteiros e destinos para visitantes, nun lugar emblemático da provincia, como é a Ribeira Sacra” concluíu.

Os traballos consistirán na demolición por completo da pasarela existente, a construción dunha nova, e o acondicionamento dos accesos existentes en ambas as marxes do río.

Dado que a área de actuación atópase dentro dunha zona declarada como Ben de Interese Cultural e catalogada como Rede Natura 2000 e Reserva da Biosfera, a solución definitiva que se adopte no proxecto construtivo deberá de contar previamente cos informes favorables das administracións competentes en materia de Patrimonio Natural e Cultural.

O importe estimado para a execución das obras descritas supera os 1.350.000 euros, incluíndo o custo de redacción do Proxecto, a execución do contrato de obras, así como a dirección facultativa do mesmo.

23032023 Foto2        23032023 Foto3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.