A CHMS conmemora o Día Mundial da Auga co alumnado do CEIP Antonio Failde de Coles

La CHMS conmemora el Día Mundial del Agua con el alumnado del CEIP Antonio Failde de Coles
  • O presidente da CHMS comprobou “in situ” o desenvolvemento das actividades no regato O Rial, onde foi testemuña do respecto que mostran as novas xeracións polo medio ambiente
  • Baixo o lema “Acelerando o cambio” este ano valorízase o desenvolvemento sostible e a necesidade de preservar o recurso ante os efectos do cambio climático
  • Xornada enmarcada dentro do proxecto de educación ambiental “Gústame O Meu Río: ensíname a coidalo”, cuxo obxectivo é valorizar o coidado e respecto pola auga

Esta mañá os alumnos e alumnas do Ceip Antonio Failde de Coles participaron activamente no conxunto de actividades programadas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do MITECO, para conmemorar o Día Mundial da Auga.

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, acudiu á carpa situada na área recreativa de O Rial, na Peroxa, onde comprobou “in situ” o desenvolvemento das actividades, sendo testemuña do respecto que mostran as novas xeracións polo medio ambiente e o desenvolvemento sostible. Neste acto estivo acompañado polo alcalde de Coles, Manuel Rodríguez e polo concelleiro da Peroxa, José Manuel Rodríguez.

“Acelerando o cambio” lema de Nacións Unidas para 2023 para o Día Mundial da Auga como oportunidade única na vida para unirnos en favor da auga e acelerar xuntos os avances nesta esfera, atendendo a que miles de millóns de persoas e innumerables escolas, empresas, centros de saúde, granxas e fábricas ven restrinxidas porque aínda non se cumpriron os seus dereitos humanos á auga e ao saneamento.

“Existe unha necesidade urxente de acelerar o cambio, de ir máis aló do -sigamos como ata o de agora-, de valorizar as augas, o noso importante capital hídrico, esencial para o progreso e o benestar social”.

Actividades

Os escolares aprenderon acerca da celebración do Día da Auga, do coidado do medio ambiente e da importancia dos pequenos xestos diarios. “Formais parte dunha nova xeración que aprende e valoriza a riqueza natural da contorna e a necesidade de conservalo”, lembroulles e agradeceulles Quiroga.

Estas actividades están enmarcadas dentro do proxecto “Gústame O Meu Río: ensíname a coidalo”, deseñado pola CHMS, a través das que se comproba o estado do leito, presenza de macro-invertebrados acuáticos, bosque de ribeira, vertebrados asociados ao río, calidade da auga, temperatura, ph, entre outros parámetros; ademais de pautas de bo uso do recurso e da colocación dunha caixa niño para aves co obxectivo de responsabilizar aos pequenos do seu coidado, protección e vixilancia nas súas visitas a este río.

“Desde a CHMS consideramos necesario que os máis pequenos comprendan que a auga e os ecosistemas fluviais son limitados e que temos que asumir a responsabilidade e o papel do ser humano na conservación dos mesmos” explicou Quiroga.

Por último, lanzou unha mensaxe ao alumnado sobre a aprendizaxe e a concienciación do uso da auga "como un recurso fundamental e escaso para os seres vivos, no que debedes implicarvos por ser de vital importancia en todos os ámbitos da vida, sen auga non hai progreso, o que nos dá a clave para afirmar que a sustentabilidade é a base de todo".

22032023 Foto2              22032023 Foto3

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.