CHMS inicia a reparación do colector situado na marxe esquerda do río Arenteiro no Carballiño (Ourense)

CHMS inicia la reparación del colector ubicado en la margen izquierda del río Arenteiro en O Carballiño (Ourense)
  • O investimento estimado superará os 90.000 euros
  • “Substituirase un tramo do colector en mal estado e construirase un muro de contención do carreiro debilitado” explicou Quiroga

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, inicia as obras de reparación do colector da marxe esquerda do río Arenteiro no municipio ourensán do Carballiño.

Proxecto

No ano 2021, a CHMS executou obras de reposición do pavimento e diversas reparacións nos carreiros que discorren polas marxes do río Arenteiro no Carballiño. Durante a execución dos traballos observouse, na marxe esquerda do río á altura das piscinas municipais, un desprendemento importante do noiro e comprobouse que neste punto atópase un colector de formigón, que discorre paralelo ao río, que se atopa deteriorado e provoca filtracións ao leito. Esta situación, xunto coa propia acción do río, provocaron a focha no noiro, descalzando o colector e deixando sen soporte a sección da senda.

Para resolvelo, a CHMS executará as obras de substitución do tramo de colector en mal estado por un novo, ademais da construción dun muro de contención do carreiro, dun 36m. lineais; outro de sostemento do camiño de acceso á zona, cunha lonxitude de 48m. e unha altura máxima de 1,4ms; e a reposición de pavimentos e de mobiliario urbano.

“Estamos ante unha actuación sinxela que será executada en 1 mes e cuxo investimento estimado rolda os 90.000 euros, pero unha actuación moi importante que solucionará a problemática ambiental provocada polas verteduras recorrentes ao río Arenteiro” concluíu Quiroga.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.