A CHMS finalizou os traballos de restauración hidrolóxico-forestal das zonas afectadas polos incendios en Valdeorras

La CHMS ha finalizado los trabajos de restauración hidrológico-forestal de las zonas afectadas por los incendios en Valdeorras
  • O investimento total supera os 148.000 euros
  • Utilizáronse técnicas non invasivas e ambientalmente sostibles mediante a instalación de pequenos muros de retención, en pedra ou madeira, e feixes de troncos e ramas
  • 2 brigadas, compostas por 5 operarios especializados cada unha, traballaron intensamente durante máis de 3 meses

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), finalizou a restauración hidrolóxico-forestal das zonas devastadas polos incendios deste verán na comarca de Valdeorras, Carballeda, O Barco e Rubiá.

Estes traballos, que supoñen un investimento do MITECO de 148.000€, atenuarán os efectos e a degradación dos hábitats queimados, que poderían ser irreparables coas intensas choivas dos últimos meses. Actuacións que foron desenvoltas por dúas brigadas, durante máis de 3 meses, priorizando na retirada de madeira e tapóns en zonas próximas a centros urbanos con risco de inundación e das cinzas en proximidades de captacións de auga.

Realizouse, ademais, a tala, corta, amontoado e retirada das árbores caídas en DPH e zona de servidume para evitar taponamentos de maior importancia, resalveo, roza selectiva dos tramos, facendo especial fincapé nas inmediacións de infraestruturas de paso, retirando os restos de ramas e troncos inertes.

“Desde a CHMS traballouse cun dobre obxectivo, por unha banda, despexar os leitos en lugares críticos, como regatos ao seu paso por aldeas e obras de paso de estradas para maximizar a capacidade hidráulica, e por outro, evitar a chegada de cinzas aos leitos, axudando ao mesmo tempo á rexeneración dos bosques de ribeira, priorizando en especial as zonas de captacións para abastecemento e zonas de alto valor ecolóxico” indicou o presidente.

Os traballos executáronse en zonas montañosas con fortes pendentes onde, por efecto do lume, reduciuse drasticamente a cuberta vexetal, o que favorecía o fluxo de líquidos e sólidos cara aos leitos, co consecuente efecto erosivo laminar e a degradación dos ecosistemas fluviais” explicou Quiroga, e por iso, adoptáronse medidas de xestión hidrolóxico-forestais nos terreos afectados, a través da retiradas de madeira queimada e do emprego de técnicas de bioingeniería, necesarias para frear a erosión e arrastres aos ríos”, concluíu.

141222 Foto1

141222 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.