
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou as obras de protección da cimentación das pilas e reparación de alzados de Ponte Cordeiro. T.M. de Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Proxecto
No primeiro semestre do ano 2022, o Concello de Salvaterra de Miño trasladou á CHMS os problemas que presentaba a estrutura da ponte de O Cordeiro, sobre o río Tea; as incidencias consistían, principalmente, no descalce do encepado das pilas, situadas no leito do río, así como algunhas fisuras e o desprendemento superficial das armaduras do taboleiro da ponte.
En aras da colaboración institucional que presta a CHMS ás entidades locais, o organismo de conca redactou o proxecto de protección da cimentación das pilas e reparación de alzados de Ponte Cordeiro, formalizando o contrato de obras o 4 de outubro de 2022 coa empresa Obras Gallaecia, S.L. por un importe de 70.119,50 €, finalizándose os traballos con data 10 de novembro de 2022.