A CHMS executará actuacións de mellora do sistema de saneamento e depuración no municipio ourensán de Nogueira de Ramuín

La CHMS ejecutará actuaciones de mejora del sistema de saneamiento y depuración en el municipio ourensano de Nogueira de Ramuín
  • A CHMS executará actuacións de mellora do sistema de saneamento e depuración no municipio ourensán de Nogueira de Ramuín
  • O investimento necesario estímase en 125.000 euros, que serán sufragados en porcentaxe 80/20, entre CHMS e Concello, respectivamente
  • Construirase unha nova EDAR no núcleo de Nogueira, con capacidade para 50 habitantes/equivalentes

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e Julio Temes, alcalde do municipio ourensán de Nogueira de Ramuín, rubricaron o Convenio de colaboración que posibilitará a construción dun colector e unha nova EDAR para o núcleo de Nogueira.

O presente convenio ten por obxecto determinar as condicións de colaboración entre ambas as partes para o financiamento e execución das obras; así mesmo, tamén establece o réxime da posterior entrega das obras executadas para o seu mantemento e conservación.

Proxecto

O núcleo de Nogueira dispón dunha fosa prefabricada composta por dous módulos en moi mal estado; estes elementos atópanse próximos ao núcleo urbano provocando fortes cheiros, sobre todo no verán, e constantes vertidos non autorizados en época de choivas.

O obxectivo da actuación é a construción dunha nova EDAR con capacidade para depurar as augas residuais dunha poboación máxima de 50 habitantes equivalentes, que incluirá a mellora do acceso á nova EDAR para permitir o seu correcto mantemento; así como, o colector de conexión coa rede de saneamento existente.

O proxecto contempla a demolición da antiga fosa e o transporte dos antigos elementos de depuración a xestor autorizado.

O investimento necesario estímase en 125.000 euros, que serán sufragados en porcentaxe 80/20 pola CHMS e o Concello de Nogueira de Ramuín, respectivamente.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.