A CHMS outorgou unha subvención de 50.000 € á Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova

La CHMS otorgó una subvención de 50.000 € a la Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova
  • A Fundación destinou o importe asignado este ano á exhumación e restauración da Porta Praetoria
  • “A través deste investimento, o Estado contribúe a apoiar a recuperación do valioso patrimonio natural, cultural e arqueolóxico, situado no propio encoro, así como para efectuar o control de que as actuacións executadas cumpran coa normativa de Augas” concluíu Quiroga.

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, o presidente do Padroado da Fundación Aquae Querquennae-Vía Nova, Antonio R. Colmenero, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas, visitaron o campamento romano, no que a CHMS contribuíu no ano 2022 cunha subvención nominativa de 50.000 euros.

Durante esta visita o presidente do organismo realizou a comprobación in situ das actuacións, executadas e en execución, financiadas pola CHMS.

A Fundación destinou o importe asignado este ano á exhumación e restauración da Porta Praetoria, localizada no flanco oriental do campamento, e que se prevé de similares características construtivas que a Porta Decumana, localizada na parte occidental do recinto militar, composta por dúas torres rectangulares que definen un único carril de entrada ao complexo arqueolóxico.

É importante destacar que Aquae Querquennae Via Nova ten como obxectivo protexer, estudar e promocionar o complexo arqueolóxico que lle dá nome, un antigo campamento militar romano que, a día de hoxe, ocupa parte do leito do encoro de As Conchas, zona de dominio público hidráulico, así como a calzada romana coñecida como Vía Nova, que unía as cidades de Braga, en Portugal, con Astorga, en León.

“A través deste investimento, o Estado contribúe a apoiar a recuperación do valioso patrimonio natural, cultural e arqueolóxico, situado no propio encoro, así como para efectuar o control de que as actuacións executadas cumpran coa normativa de Augas” concluíu Quiroga.

09-11-22 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.