A CHMS retirou máis de 8.100 quilos de azolla do Miño

La CHMS retiró más de 8.100 kilos de azolla del Miño
  • Estes traballos executáronse no leito urbano do Miño, ao seu paso pola cidade de Lugo, nun tramo de máis de 2 quilómetros de río
  • A retirada realizouse con medios manuais, desde a beira e desde pequenas embarcacións

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, finalizou as actuacións de retirada do fento Azolla filiculoides en máis de 2 quilómetros de tramo urbano do río Miño, ao seu paso pola cidade de Lugo.

Hai que lembrar que a é un fento acuático flotante que poden alcanzar os 10 cm., que dispersa as suass esporas de xullo a setembro e habita en augas limpas de curso lento, o que unido ao baixo nivel da auga e a temperatura propia da época estival fai que aflore a súa expansión.

“A presenza das plantas acuáticas é fundamental para garantir o bo estado ecolóxico das masas de auga, pero a presenza de especies invasoras como a azolla, poden afectar negativamente os ecosistemas, por iso programáronse e executaron estes traballos, nos meses de setembro e outubro, nos que a CHMS investiu máis de 14.000 euros”, explicou o presidente

Descrición

Os traballos de retirada desta especie invasora, realizáronse con medios manuais, desde a beira e desde pequenas embarcacións, para, unha vez sacada á superficie, ser amoreada en sacos pechados e depositada nun lugar afastado das crecidas para, a diario, ser trasladada a un xestor autorizado.

Este proceso realizouse sectorizando o río, avanzando de augas arriba cara a augas abaixo. Por outra banda, para reter os posibles restos vexetais que se desprendesen durante a retirada, despregáronse dúas barreiras de retención augas abaixo de cada zona de actuación.

O total de Azolla filiculoides retirada ascendeu a 8.100 quilos.

201022 Foto1

201022 Foto2

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.