
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), remata os traballos de reparación de dique da marxe esquerda do río Valcarce en Villafranca do Bierzo, nos que o organismo de conca investiu máis de 45.000 euros.
As enchentes do río descalzaron un tramo de dique na marxe esquerda do río Valcarce, preto da Ponte da rúa Concepción; dito dique contiña no seu interior un colector de saneamento ao que protexía, polo que era urxente acometer a súa reparación para evitar roturas e verteduras das augas residuais ao río.
Os traballos iniciáronse coa preparación dunha plataforma de traballo dentro do leito para o posicionamento da maquinaria, con barreira de protección para a retención de sedimentos. A execución dos traballos consistiron no desmonte do tramo de dique danado, separando os restos de formigón para ser trasladados ao xestor de residuos e a posterior reposición do dique de protección do colector nun tramo de 65 m.
Estas obras comezaron o 2 de setembro e finalizaron o pasado luns, coa retirada da plataforma de traballo e os labores de naturalización do leito e marxes.