A CHMS construirá un sendeiro e unha zona de baño no concello ourensán de Entrimo

La CHMS construirá un sendero y una zona de baño en el concello de ourensano de Entrimo
  • O investimento estimado supera os 525.000 €, que será sufragado nun 80% polo Estado, a través da CHMS, o 5% pola Administración Local e o 15% restante pola CMVMC de Lantemil e Reloeira
  • Prolongarase o actual sendeiro de acceso á parte baixa do núcleo de Lantemil, ata conectalo coas zonas de baño e recreativa que se executarán na marxe dereita do encoro de Lindoso

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Ramón Alonso, alcalde de Entrimo, e Beatriz Pereira, Presidenta da Xunta Reitora da Comunidade de Monte Veciñal en man común (CMVMC) de Lantemil e Reloeira, rubricaron hoxe o Convenio de colaboración que determina as condicións para o financiamento, execución e posterior entrega das obras de construción dun sendeiro e unha zona de baño e de esparexemento no núcleo de Lantemil, pertencente ao municipio ourensán de Entrimo.

O proxecto

Consiste na prolongación do actual sendeiro de acceso á parte baixa do núcleo de Lantemil ata conectalo coas zonas de baño e recreativa que se pretende executar na marxe dereita do encoro de Lindoso; a lonxitude aproximada do sendeiro será de 2.200 metros lineais.

Ao comezo do sendeiro construirase un novo embarcadoiro dotado de pasarela e pantalán flotante que permita o acceso de elementos de flotación ao resto do encoro, este sendeiro dará acceso a unha nova zona de baño duns 9.000 m2 que se acondicionará con achega de area que facilite o baño aos usuarios.

Próxima á zona de baño, tamén se acondicionará unha zona recreativa duns 3.500 m2 onde se colocarán mobiliario urbano, deportivo e infantil.

O investimento estimado supera os 525.000 €, que será sufragado nun 80% polo Estado, a través da CHMS, o 5% pola Administración Local e o 15% restante pola CMVMC de Lantemil e Reloeira.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.