A CHMS inicia os traballos de restauración hidrolóxico-forestal das zonas afectadas polos incendios en O Courel, Macizo Central e Valdeorras

La CHMS inicia los trabajos de restauración hidrológico-forestal de las zonas afectadas por los incendios  en O Courel, Macizo Central y Valdeorras
  • O investimento estimado superará o medio millón de euros
  • A prioridade inicial é a retirada de madeira e tapóns en zonas próximas a centros urbanos con risco de inundación, a redución de arrastres de cinzas en proximidades de captacións de auga e evitar a erosión nas zonas de maior pendente.
  • Utilizaranse técnicas non invasivas e ambientalmente sostibles mediante a instalación de pequenos muros de retención, en pedra ou madeira, e feixes de troncos e ramas

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, inicia os traballos de restauración hidrolóxico-forestal das zonas devastadas polos incendios deste verán, en O Courel, Macizo Central e Valdeorras, para paliar unha maior degradación dos hábitats queimados, evitando máis danos ao medio ambiente por erosión e arrastre de cinzas aos leitos fluviais.

“Trátase de adoptar un conxunto de medidas de xestión hidrolóxico-forestais nos terreos afectados, a través da retirada de madeira queimada e do emprego de técnicas de bioenxeñería que permitan frear a erosión e os arrastres aos ríos, para evitar a contaminación e xerar microhabitats que permitan o desenvolvemento de vexetación futura” explicou o presidente da CHMS.

A prioridade inicial é a retirada de madeira e tapóns en zonas próximas a centros urbanos con risco de inundación, a redución de arrastres de cinzas en proximidades de captacións de auga e evitar a erosión nas zonas de maior pendente.

“Hoxe mesmo, comezamos a traballar con tres brigadas en O Courel, así mesmo derivaremos algún outro equipo dos que actualmente traballan no programa de conservación de leitos. As actuacións executaranse en zonas montañosas con fortes pendentes onde se reduciu drasticamente a cuberta vexetal, polo que o efecto erosivo laminar polas ladeiras provocará importante fluxo de líquidos e sólidos cara aos leitos, coa consecuente degradación dos ecosistemas fluviais, ademais de problemas por arrastres e tapóns en infraestruturas e poboacións augas abaixo da zona queimada” explicou Quiroga.

Para maior eficacia e eficiencia os traballos han de estar coordinados co Goberno Autonómico e, por iso, este mesmo luns reunirémonos co conselleiro de Medio Rural para organizar e programar a citada coordinación nas restantes zonas, matizou Quiroga.

O investimento previsto polo Estado para executar as accións necesarias nas 3 zonas de actuación superará o medio millón de euros.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.