A CHMS retira numerosas árbores secas no río Limia, ao seu paso polo municipio ourensán de Bande

Limpieza cauces
  • O investimento estimado supera os 45.000 €
  • 5 operarios traballarán durante 2 meses en máis de 4,3 km de río
  • Estas actuacións mellorarán a conectividade lonxitudinal do leito e evitarase a formación de tapóns nas infraestruturas de paso e os danos a persoas e os seus bens

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, continúa traballando na limpeza de leito e marxes dos ríos de Ourense, traballos nos que o investimento previsto para 2022 supera os 2,4 mill/€.

A CHMS destinou unha brigada, composta por 5 operarios especializados, para a execución de actuacións no río Limia, nun tramo que abarca máis de 4,3 km. de leito ao seu paso polo municipio Ourensán de Bande.

Os traballos consisten na retirada de numerosas árbores tombadas sobre dominio público hidráulico e zona de servidume, madeiras que provocan taponamentos en infraestruturas de paso e árbores secas en pé, que presentan risco de caída sobre dominio público hidráulico e zona de servidume.

A dificultade de acceso á zona de actuación obriga á realización das rozas selectivas necesarias para traballar. Previo ao inicio das actuacións a CHMS informou das mesmas ao Servizo de Conservación da Natureza e ao Concello de Bande.

"Consideramos que os traballos de conservación de leitos son a clave para evitar problemas en momentos de intenso caudal que poderían provocar inundacións, avenidas ou prexudicar a estabilidade das infraestruturas de paso" explicou o presidente.

"Esta retirada de árbores e madeiras inertes realízanse a solicitude do Concello de Bande, en aras da colaboración entre administracións que brinda a CHMS #ante calquera actuación que redunde na conservación e mellora dos nosos leitos fluviais e para evitar danos ás persoas e os seus bens" concluíu o presidente.

5A

 

5D

 

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.