CHMS e Concello de Xinzo mellorarán a rede de saneamento en varias zonas do municipio, próximas ao parque do Toural

CHMS y Concello de Xinzo mejorarán la red de saneamiento en varias zonas del municipio, próximas al parque de O Toural
  • O presidente e a alcaldesa comprobaron “in situ” a problemática actual cos técnicos e a empresa redactora do novo proxecto
  • “Mellorarase a condución e o tratamento das verteduras da zona do antigo matadoiro, avda de Portugal, estrada de Baltar, piscinas municipais e pavillón”, explicou Quiroga
  • “Estas actuacións completaranse coa construción unha senda peonil e un carril bici por ambas as marxes do río, entre as pontes da ctra. de Baltar e da rúa Sitibal” concluíu o presidente

O presidente da CHMS, José Antonio Quiroga e a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, visitaron esta mañá a zona na que se executará un novo proxecto de saneamento; durante o percorrido, comprobaron “in situ” a problemática actual de verteduras recorrentes ao leito cos técnicos e a empresa redactora.

O obxectivo do proxecto é eliminar as verteduras ao río Limia na zona do antigo matadoiro Rubio, así como os procedentes das construcións situadas nas marxes da estrada de Baltar e avda de Portugal, e doutras construcións na marxe esquerda do río Límia, das piscinas municipais, pavillón e instalacións deportivas.

As actuacións proxectadas contemplan o cruzamento subterráneo do río Limia a través dunha "hinca", as conducións necesarias e 2 bombeos para conectar coa rede municipal no parque do Toural.

“Estas actuacións completaranse cunha senda peonil e un carril bici, separado da zona de paseo peonil, por ambas as marxes do río, entre as pontes da ctra. de Baltar e da rúa Sitibal” concluíu o presidente

A redacción do proxecto, contratada á empresa Antea por importe de 45.000 €, ten que estar finalizada no prazo máximo de 6 meses.

Prevese que as obras poderían comezar no primeiro trimestre do próximo ano.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.