A CH do Miño-Sil mellorará o saneamento e a depuración do núcleo urbano de A Cañiza

La  CH del Miño-Sil mejorará el saneamiento y la depuración del núcleo urbano de A Cañiza
  • José Antonio Quiroga reuniuse esta mañá co alcalde da Cañiza para explicarlle polo miudo os traballos que o Organismo está a desenvolver no Concello da Cañiza así como as futuras inversións que se realizarán no Municipio en materia de medioambiente
  • Conseguese por 1ª vez que a CHMS colabore co concello para dar solución á verdadeira problemativa de depuradores colectores municipais”, indicou o alcalde
  • Esta colaboración comeza cun estudio en profundidade das alternativas reais capaces de optimizar os actuais sistemas de depuración do Concello e a redacción dos proxectos que se deriven destes análisis
  • O alcalde agradeceu ao Presidente Quiroga a axuda prestada pola Confederación adxudicando este primeiro traballo á empresa coruñesa ANTEA IBEROLATAN SLU por un importe de 86.720,00 €

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, mantivo un novo encontro de traballo con Luis Piña, alcalde do municipio pontevedrés de A Cañiza.

O alcalde agradeceu ao Presidente Quiroga a axuda prestada pola Confederación adxudicando este primeiro traballo á empresa coruñesa ANTEA IBEROLATAN SLU por un importe de 86.720 €

Características

A empresa redactará un estudo de alternativas de saneamento e depuración no Concello despois de ter analizado íntegramente a problemática das Edar Urbana, Industrial, de Valeixe, Luneda e Achas. A actuación tamén contempla a redacción dos proxectos para a mellora destas instalacións.

Segundo comunicou o Alcalde esta mañá “é a primeria vez que CHMIÑO-SIL coopera co Concello para tratar de dar solucións aos verdadeiros problemas que afectan aos sistemas de depuración actuais e que provocan os incumprimentos en materia de verquidos e polo tanto a imposición de continuas multas superiores aos 30.000 € por cada expediente sancionador aberto”.

“Conseguimos que dende a Confederación se solidaricen coa situación de indefensión en materia de verquidos na que actualmente se atopa o Concello, sendo imposible depurar as augas residuais nos términos que nos obrigan as respectivas autorizacións”.

“O Concello da Cañiza ven sufrindo esta situación de desamparo dende hai máis dunha década, por iso a actuación que hoxe presentamos é a mellor noticia en materia de depuración dos últimos anos”.

Para poder determinar qué pasa exactamente cos sistemas de depuración do Concello, en concreto coa EDAR INDUSTRIAL, EDAR URBANA e a EDAR de VALEIXE, a empresa ANTEA IBEROLATAN SLU, adxudicataria da actuación promovida pola CHMIÑO-SIL, comezou o pasado 11 de abril os traballos de estudo integral da situación actual destas EDAR.

Este traballo está basado nun estudo inicial promovido polo Concello e redactado por unha enxeñería externa que o Alcalde presentou ao Presidente da Confederación. Tras diversas reunións de traballo entre o Concello e Confederación, conseguiuse o compromiso deste Organismo para colaborar na evaluación da situación actual dos sistemas de saneamento e depuración municipais, redacción de proxectos e aplicación de medidas correctoras.

A raíz deste estudo inicial do Concello, técnicos da propia Confederación retomaron a evaluación para determinar as posibles causas dos problemas de verquido derivadas das EDAR municipais. Exceso de caudal de chegada á EDAR Urbana, baixa carga da EDAR Industrial e problemas con verquidos de metal, problemas de desbordamentos nas EDAR de Achas e Valeixe, etc. Á difícil orografía do Concello e tamén a existencia de numerosos saneamentos construidos polo propio Concello no pasado sen autorización nin proxecto, nin control de obras, son outras posibles causas da actual situación.

Unha problemática que agora a empresa ANTEA IBEROLATAN SLU terá que estudiar en profundidade para dar unha solución e redactar os proxectos que sexan necesarios para correxir os sistemas.

Descargar PDF

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para su funcionamiento, para mantener la sesión y personalizar la experiencia del usuario. Para más información sobre las cookies utilizadas consulta nuestra Política de Cookies.